Como ben sabes, na decisión dun estudante que escolle unha disciplina artística adoita haber un importante compoñente vocacional. O máis normal se queres facer un ciclo de deseño, fotografía ou gravado, por citar algúns exemplos, é que o fagas ante todo porque te gusta, porque te sentes identificado ou identificada con esa actividade. Pero igual de comprensíbel é que na túa mente xorda unha dúbida… “terei un futuro profesional relacionado cos meus estudos?”

En todas as titulacións con ese ‘aroma vocacional’ adoita aparecer esta cuestión. Desde a EASD Ramón Falcón de Lugo temos motivos para dicir alto e claro que si, hai saídas profesionais para os estudos artísticos. De maneira esquemática, imos achegarte algúns motivos e argumentos para apoiar esta afirmación:

  • No noso web podes consultar os ámbitos profesionais nos que podes traballar despois de completar a túa formación. Como verás, hai moitísimas alternativas para todas as titulacións.
    Deseño Gráfico: identidade corporativa e visual, deseño multimedia, grafismo en televisión, produción gráfica, deseño web…
    Deseño de Interiores: espazos culturais, comerciais, administrativos; escaparatismo; paisaxismo; espazos interiores de transportes; deseño escenográfico…
    Fotografíatanto traballando dentro dunha empresa como de forma autónoma, as posibilidades son case infinitas. Fotoxornalismo, publicidade, moda, arte, ciencia, industria…
    Gravadoperitaxe e recoñecemento de estampas, colaboración na edición de obra gráfica, dirección de talleres, configuración de obras gráficas empregando as técnicas aprendidas…
    Cerámica Artísticadeseñando produtos cerámicos con valor artístico poderás integrarte nunha empresa ou escoller a túa propia liña de creación, cun carácter máis persoal. Noutras palabras: produción industrial ou produción artesá.
    Serigrafía Artísticaadhesivos comerciais, rotulación, sinalización, carteis de reclamo publicitario, marcaxe de téxtil…
    .
  • Se queres traballar pola túa conta, no teu propio espazo, emprendendo a túa propia aventura, as ensinanzas artísticas son un camiño ideal. En moitos casos, de feito, poderás traballar con clientes de todo o mundo grazas ás novas tecnoloxías da comunicación.
    .
  • Se escolles a nosa escola para formarte, terás garantidas prácticas en empresas do teu sector. Este é un primeiro paso a ter moi en conta á hora de comezares a túa andadura profesional.
    .
  • Na EASD Ramón Falcón estamos afeitos a que sexan as propias empresas as que contacten coa escola, pedindo referencias de alumnos e alumnos que poidan incorporar aos seus equipos profesionais.

Non teñas máis dúbidas: se tes ganas de aprender e traballar, se te esforzas e demostras o teu talento, podes traballar no que te gusta e facer que a túa vocación se converta na túa profesión. E se ti es quen de poñer esa parte de ilusión e traballo, nesta escola axudarémoste cunha formación de calidade; para que sexas ti quen teña as chaves das portas do teu futuro.