Ante a existencia de prazas vacantes para o curso 2019/20; e de acordo co exposto na Resolución do 6 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa; autorizouse a realización de probas específicas de acceso aos Ciclos Formativos de Grao Superior de Fotografía e Gravado, en convocatoria extraordinaria.

Calendario

Inscrición para as probas

A inscrición para a realización das probas de acceso realizarase na secretaría da EASD Ramón Falcón de Lugo, para os Ciclos Formativos de Grao Superior de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía e Gravado e técnicas de estampación.

O prazo de inscrición conclúe o día 6 de setembro de 2019.

Publicación de inscritos/as

O 9 de setembro de 2019, na páxina web da EASD Ramón Falcón de Lugo e no portal da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Realización da proba específica

Día 10 de setembro de 2019 na EASD Mestre Mateo (Santiago de Compostela) e segundo o seguinte horario:

  • Primeiro exercicio: das 10.00 ás 11.00 horas.
  • Segundo exercicio: das 12.00 ás 14.00 horas.
  • Terceiro exercicio: das 17.00 ás 19.00 horas.

A EASD Mestre Mateo organizará a distribución horaria e de espazos de ocupación do tribunal que actúe.

Publicación de cualificacións provisionais: 13 de setembro de 2019, na páxina web da EASD Ramón Falcón de Lugo e no portal da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Publicación das cualificacións definitivas: o 16 de setembro de 2019, na páxina web da EASD Ramón Falcón de Lugo e no portal da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Asignación de prazas: o 16 de setembro de 2019, na páxina web da EASD Ramón Falcón de Lugo e no portal da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Matrícula

17 e 18 de setembro de 2019, en la secretaría de la EASD Ramón Falcón de Lugo.

Tribunal

Tribunal encargado da organización, realización e cualificación das probas específicas de acceso aos Ciclos Formativos de Grao Superior de Artes Plásticas e Deseño, que actuará na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.

  • Presidente: Santiago Riande Torres.
  • Vogal 1ª: M. Virginia Barros Angueira.
  • Vogal 2ª: Irene Gago Pesado.
  • Vogal 3ª: Marta M. Cousiño Gómez.
  • Vogal 4º: José Antonio Cruz Lago.

As suplencias dos membros do tribunal por causa xustificada serán resoltas pola Dirección da EASD á que estea destinado o membro do tribunal, que nomeará á/ao suplente que corresponda.