Se estás pensando en estudar un Ciclo Formativo de Grao Superior de Fotografía, Cerámica ou Gravado; ou o Ciclo Formativo de Grao Medio de Serigrafía, toma nota. Xa coñecemos datas e lugares das probas de acceso a estes estudos.

CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR (FOTOGRAFÍA, CERÁMICA E GRAVADO)
O período de inscrición nas probas de acceso vai desde o 24 de maio ata o 25 de xuño, ambas datas incluídas. A proba de madureza celebrarase o 3 de xullo na EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela. A proba específica terá lugar o día 15 de xullo na mesma escola.

 

CICLO FORMATIVO DE GRAO MEDIO DE SERIGRAFÍA
O período de inscrición nas probas de acceso vai desde o 24 de maio ata o 6 de setembro, ambas datas incluídas. A proba de madureza celebrarase o 10 de setembro na EASD Ramón Falcón de Lugo. A proba específica terá lugar o día 17 de setembro na mesma escola.

Resolución do 6 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2019/20.

A inscrición para o acceso e admisión farase na secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño pública elixida en primeiro lugar na cal se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.

Non sabes en que probas precisas inscribirte? Queres saber en que consiste cada unha delas? Consulta a información relacionada correspondente aos ciclos formativos de grao superior; ou ben, a correspondente ao ciclo formativo de grao medio.

Tes máis dúbidas? Ponte en contacto con nós e resolverémolas.