Gracias ao programa Erasmus+ KA 107, o profesor Xosé Fontal da EASD Ramón Falcón de Lugo tivo ocasión de visitar India. Fíxoo como parte da delegación de profesores españois de Centros de Arte que visitaron, entre o 26 e o 30 de marzo, a Facultade de Belas Artes da Amity University en Calcuta.

Deste modo fomentamos a cooperación entre ambos centros, pensando en futuras posibilidades de mobilidade do alumnado da nosa escola. Esta universidade privada é líder asiática en investigación e desenvolvemento; e conta con sedes en Londres, Singapur, Dubai, Abu Dhabi, Mauricio, Sudáfrica, China e Romanía. Suma un total de máis de 100 facultades en todo o mundo.