Rebeca López e Alejandra Iglesias son alumnas do Ciclo Superior de Cerámica Artística na EASD Ramón Falcón de Lugo; e son tamén as dúas emprendedoras que fundaron Mi Madre No Me Deja. Dúas creativas con talento e ganas ás que hoxe temos que felicitar: dúas obras da súa autoría foron seleccionadas para adquisición e exposición no XI Certame de Artesanía Antonio Fraguas, convocado pola Deputación da Coruña.

As obras en cuestión son ‘Pájaros y Flores’, consistente en louza e camiño de mesa; e ‘Pájaros y Escamas’, un fular serigrafiado. Pronto quedará inaugurada unha exposición na que poderemos ver de cerca esas pezas. Ata entón, deixamos por aquí algunhas fotos e recomendamos botar un ollo ao seu traballo na páxina web de Mi Madre No Me Deja.