CICLO FORMATIVO DE GRAO MEDIO SERIGRAFÍA ARTÍSTICA
1 Curso Académico
O Ciclo Formativo de Grao Medio de Serigrafía Artística forma profesionais nun campo da impresión de gran difusión e desenvolvemento. A creación e produción de toda clase, suministros, obra gráfica, marcaxe de téxtil, sinalización, tapias publicitarias, calcomanía, cerámica, adhesivos comerciais, carteis, produtos de reclamo publicitario, rotulación, etc. Xunto coa aparición das novas tecnoloxías e soportes, o campo profesional é dunha grande amplitude e saída ao mercado laboral.
Prazas ofertadas por curso académico: 15.

Empresas adicadas á estampación serigráfica e á reprodución serigráfica en particular, realizando traballos de encargo como profesional. O profesional deste nivel exercerá a súa actividade en empresas e obradoiros, xa sexan públicos ou xa privados, pequenos, medianos ou grandes, relacionados co campo profesional da serigrafía artística.
O tipo de empresas ás que o alumno poderá acceder presenta un abano tan amplo como a mesma diversificación do mundo serigráfico:
- Suministros.
- Sinalización.
- Muros publicitarios.
- Calcomanía cerámica.
- Obra gráfica.
- Marcaxe de téxtil.
- Adhesivos comerciais.
- Carteis .
- Produtos de reclamo publicitario.
- Rotulación.
Técnico en Serigrafía Artística
Nivel: grao medio de artes plásticas e deseño.
1º, 2º e 3º Trimestre:
Horas Totais | Denominación dos módulos |
150 | Técnicas de expresión gráfica |
65 | Historia da cultura e da arte: artes do libro |
65 | Fotomecánica |
335 | Obradoiro de técnicas serigráfícas |
65 | Informática básica |
65 | Formación e orientación laboral |
65 | Horas de libre disposición |
810 | Total |
4 º, 5º e 6º Trimestre:
Horas Totais | Denominación dos módulos |
60 | Obra final |
80 | Formación práctica en empresas, estudios ou obradoiros |
140 | Total |
Duración: 950 horas
Lexislación: Decreto 455/2003, polo que establece ocurrículo do ciclo formativo.
A Formación en Centros de Traballo é un módulo profesional de formación obrigatorio que se cursa en todos os ciclos tanto de grao medio como de grao superior e que se desenvolve na empresa.
Máis información no Ministerio de Educación