CICLO FORMATIVO DE GRAO SUPERIOR DE GRAVADO
2 Cursos Académicos
Cada vez é maior o número de creadores interesados en expresarse mediante o gravado e os sistemas de estampación. Ao mesmo tempo, a demanda de obra gráfica orixinal aumenta cada día e é recoñecida por unha sociedade que evoluciona culturalmente.
Este ciclo formativo ofrece unha preparación ao alumnado capacitándolle no dominio das técnicas (xilografía, calcografía, litografía e serigrafía), xa sexa para a creación dunha obra gráfica persoal ou para a estampación e creación de matrices da obra doutros artistas. Capacítalles tamén para realizar funcións de asesoramento e peritaxe para galerías de arte, museos e outras tarefas específicas no campo das artes gráficas.
Prazas ofertadas por curso académico: 20.

O técnico en gravado e técnicas de estampación é un creador con capacidade para:
- Configurar unha obra gráfica utilizando como medio de expresión artística as técnicas da xilografía, calcografía, litografía e serigrafía.
- Valorar de xeito idóneo as necesidades propostas, así como os aspectos plásticos, recursos organizativos e económicos.
- Resolver os problemas artísticos e tecnolóxicos que xorden durante o proceso de realización e estampación de matrices.
- Coñecer con detalle as especificacións técnicas dos equipos e maquinaria utilizados.
- Realizar peritaxes e recoñecemento de estampas.
- Colaborar na edición de obra gráfica, libros de artista e bibliografía.
- Asesorar e colaborar con outros artistas.
- Ser xefe de obradoiro.
A titulación obtida ao terminar completamente os estudos é Técnico Superior en Gravado e Técnicas de Estampación.
Esta titulación permite o acceso ás seguintes titulacións:
- Grao en estudos superiores de deseño
- Grao en biblioteconomía e documentación
- Grao en Humanidades
- Grao en Belas Artes
- Grao en Documentación
- Grao en Historia da arte
- Grao en Historia
- Grao en Xornalismo
- Grao en Publicidade e Relacións Laborais
- Grado en Comunicación Audiovisual
A duración dos estudos é de dous anos académicos, xunto coa realización do proxecto final, que se desenvolve aproximadamente nun cuatrimestre.
Relación das materias/módulos que se imparten no primeiro curso e no segundo:
1º curso
Horas Semanais | Denominación do módulo |
2 | Historia do gravado |
2 | Teoría da imaxe |
8 | Técnicas de Expresión: Gravado |
11 | Obradoiro de Gravado |
7 | Proxectos de Gravado |
2º curso
Horas Semanais | Denominación do módulo |
4 | Arquitectura e diseño do Libro |
4 | Técnicas gráficas industriais |
9 | Obradoiro de litografía |
10 | Obradoiro de serigrafía |
3 | Formación e orientación laboral |
– | Proxecto Final |
A Formación en Centros de Traballo é un módulo profesional de formación obrigatorio que se cursa en todos os ciclos tanto de grao medio como de grao superior e que se desenvolve na empresa.
Máis información no Ministerio de Educación