CICLO FORMATIVO DE GRAO SUPERIOR DE FOTOGRAFÍA

2 Cursos Académicos

Este ciclo formativo ten como finalidade formar profesionais especialistas capaces de exercer a súa actividade:

  • Como profesionais autónomos, en áreas relacionadas coa fotografía profesional.
  • Traballando en empresas que precisen a labor dun fotógrafo: hospitais, industrias, editoriais, xornais…
  • Realizando proxectos artísticos persoais.
  • Interpretando conceptos doutra persoa –deseñadores, directores artísticos…-, a través de bocetos, maquetas ou ideas.

Prazas ofertadas por curso académico: 20.

foto_6

O fotógrafo profesional leva a cabo unha actividade creativa na que é importante dominar unha serie de coñecementos técnicos e tamén ter unha gran capacidade de comunicar ideas e conceptos a través de distintas canles usando a linguaxe visual. A súa actividade profesional desenvólvese principalmente na publicidade, o deseño, a moda, a reportaxe social, a industria, a ciencia, o mundo editorial, o fotoxornalismo, a arte ou o ámbito audiovisual.

Despois de finalizar os dous cursos académicos, con 1650 horas de clase, o alumno obterá o título de Técnico superior de artes plásticas e deseño en fotografía artística. 

Este é un título oficial e ademais ten validez académica e profesional en todo o Estado.

A Formación en Centros de Traballo é un módulo profesional de formación obrigatorio que se cursa en todos os ciclos tanto de grao medio como de grao superior e que se desenvolve na empresa.

Máis información no Ministerio de Educación