CICLO FORMATIVO DE GRAO SUPERIOR DE ARTES PLÁSTICAS E DISEÑO EN CERÁMICA ARTÍSTICA

2 Cursos Académicos

120 Créditos ECTS

A cerámica artística participa da dobre condición de ser unha actividade profesional e unha das expresións artísticas máis valoradas socialmente, sendo en ambas facetas tributaria dunha longa tradición artesanal e, como tal, integra un amplo abano de disciplinas conducentes a especializacións técnicas en función da organización da produción, sexa artesanal ou industrial.

As ensinanzas que abrangue esta titulación configuráronse para garantir unha formación artística ao alumnado que lle permita acadar criterios estéticos para afrontar o labor de creación inherente a todo proceso proxectual, e para facilitarlle a adquisición dos coñecementos científicos e tecnolóxicos ademais das capacidades e habilidades que lle permitan incorporarse á vida laboral activa.

Prazas ofertadas por curso académico: 20.

O/a profesional da cerámica artística, referente fundamental nas artes aplicadas e os oficios artísticos, estará capacitado para concibir e realizar produtos cerámicos portadores de valores estéticos e artísticos e ocuparase dos procesos de deseño e planificación da produción, controlando a totalidade do proceso, desde a creación ata a produción de pezas únicas.

A demanda laboral destes/as profesionais oriéntase en dúas direccións:

  • O traballo na liña de produción dunha empresa cerámica, coa suficiente capacidade de adaptación aos diversos momentos do proceso produtivo.
  • O traballo independente de carácter máis persoal e creativo.

Competencias xerais:

  • Elaborar obra orixinal de cerámica de calidade técnica e artística a partir dun proxecto orixinal e propio, ou dunha encarga profesional determinada.
  • Planificar dita elaboración mediante a definición dos seus aspectos técnicos, estéticos, funcionais, formais, materiais, económicos e de produción.
  • Organizar, definir, temporalizar e levar a cabo as diferentes fases do proceso, garantindo a seguridade das operacións e realizando os controis de calidade correspondentes ata a obtención do produto rematado.

Denominación: Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en Cerámica Artística.

Nivel: Grao superior das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.

Duración: Dúas mil horas, 120 créditos ECTS

Referente europeo: CINE 5-b

Módulos Horas Semanais Total horas Créditos ETCS Asociados
1º Curso 2º Curso
Debuxo artístico 3 108 6
Debuxo técnico 3 108 6
Volume 3 2 180 6 4
Historia da cerámica 2 72 5
Materiais e tecnoloxía: Cerámica 3 108 7
Medios informáticos 2 72 5
Obradoiro cerámico 12 8 720 26 18
Proxectos de cerámica artística 4 144 10
Proxecto integrado 4 144 12
Formación e orientación laboral 2 72 4
Horas de libre disposición no centro docente 2 72 5
Totais: 30 20 1800 66 48
Total créditos ECTS 114
 Estrutura xeral  Horas lectivas totais Créditos ECTS asociados 
 Módulos impartidos no centro docente 1800 114
 Fase de formación práctica en empresas, estudios e obradoiros 200 6
 Total horas de ensinanza 2.000 120

A Formación en Centros de Traballo é un módulo profesional de formación obrigatorio que se cursa en todos os ciclos tanto de grao medio como de grao superior e que se desenvolve na empresa.

Máis información en el Ministerio de Educación