TÍTULO SUPERIOR DE DESEÑO DE INTERIORES

Equivalente ao Título Universitario de Grao

4 Cursos Académicos – 240 ects –

A titulación de Deseño de Interiores ten como obxectivo formar futuros profesionais do deseño, capaces de solucionar cuestións que atanguen á arquitectura interior e á organización do espazo.

O Deseño de Interiores é unha profesión multidisciplinar e na que as solucións técnicas e creativas son aplicadas a un espazo co fin de conseguir un determinado ambiente interior. O mobiliario, o tratamento de materiais ou a iluminación forman tamén parte desta disciplina que axuda a mellorar a calidade de vida.

Que diferencia hai entre un Grao Universitario e un Título Superior de Ensinanzas Artísticas?

Prazas ofertadas por curso académico: 20.
As Ensinanzas Superiores de Deseño constan de catro anos presenciais, de obrigatoria asistencia a clase. Cada curso consta 60 ECTS. Os estudios completos teñen un total de 240 ECTS.

MATRÍCULA

1. A matrícula no primeiro curso das Ensinanzas Superiores de Deseño será de curso completo. Excepcionalmente, a dirección do centro poderá autorizar a matrícula para o primeiro curso dun mínimo de trinta créditos ECTS, sempre por causas xustificadas como compatibilidade laboral, enfermidade grave, conciliación familiar ou outras análogas.

2. Para o segundo, terceiro e cuarto curso das Ensinanzas Superiores de Deseño, o alumnado poderá formalizar a matrícula, sempre cun mínimo de 30 créditos ECTS, ata un máximo de75. Para estes efectos, non se terán en conta os créditos das disciplinas en que o alumnado teña solicitado o recoñecemento de créditos.

3. O alumnado deberá matricularse obrigatoriamente naquelas disciplinas que teñan o carácter de formación básica, e naquelas disciplinas que non teñan superadas, de ser o caso, no curso académico anterior, sen prexuízo do cumprimento dos criterios de promoción.

4. O alumnado matricularase nas prácticas externas (PE) ao comezo do ano académico correspondente, e disporá de dúas convocatorias, ordinaria e extraordinaria, respectivamente, para a superación desta disciplina. Excepcionalmente, o/a xefe/a de estudos do centro poderá autorizar a realización das PE ao alumnado con disciplinas pendentes, sempre que a suma dos créditos asociados a estas non sexa superior a 18.

5. O alumnado matricularase no Traballo Fin de Estudos (TFE) ao comezo do ano académico correspondente, e disporá de dúas convocatorias, ordinaria e extraordinaria respectivamente, para a superación desta disciplina. A avaliación e cualificación correspondente á convocatoria ordinaria realizarase ao remate do segundo cuadrimestre de cada ano académico, e a correspondente á convocatoria extraordinaria realizarase no mes de xullo. De ser o caso, o alumnado que non supere ou non presente o Traballo Fin de Estudos (TFE) no curso escolar en que finaliza os estudos, terá dereito a utilizar as convocatorias correspondentes durante o primeiro cuadrimestre do seguinte ano académico.

6. Excepcionalmente, o/a xefe/a de estudos do centro poderá autorizar a matrícula no Traballo Fin de Estudos (TFE) ao alumnado con disciplinas pendentes, agás que as disciplinas pendentes pertenzan á materia de Proxectos de Deseño Gráfico, Proxectos de Deseño de Interiores, Proxectos de Deseño de Moda e Indumentaria e Proxectos de Produtos e de Sistemas, e sempre que a suma dos créditos asociados a estas non sexa superior a 18.

RENUNCIA DE MATRÍCULA

1. O alumnado das Ensinanzas Superiores de Deseño poderá renunciar á matricula unicamente da totalidade das disciplinas en que se atope matriculado. Dita renuncia realizarase por escrito dirixida á dirección do centro e presentada con rexistro de entrada na secretaría deste, e suporá a perda da condición de alumno/a de dito centro a partir do día seguinte da súa presentación.

2. A perda da condición de alumno/a por renuncia á totalidade da matrícula implicará a perda da praza obtida no centro, e deberá concorrer a un novo proceso de admisión para continuar os seus estudos no mesmo ou diferente centro da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. A perda da condición de alumno/a do centro pola renuncia á matrícula na totalidade das disciplinas en que se atope matriculado/a non implicará a devolución dos prezos públicos aboados.

PROMOCIÓN

1. O alumnado das Ensinanzas Superiores de Deseño disporá, con carácter xeral, de catro convocatorias para a superación das diferentes disciplinas integradas nestes estudos, agás nas disciplinas de prácticas externas (PE) e no Traballo Fin de Estudos (TFE), nas cales soamente disporá de dúas convocatorias.

2. As convocatorias establecidas no número anterior computaranse de xeito sucesivo e entenderanse esgotadas tanto no caso de que o alumnado non supere a disciplina como no caso de que non se presente ás probas programadas para a dita convocatoria.

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA (convocatoria de gracia)

O alumnado que esgotase as convocatorias establecidas no número anterior, sen superar a disciplina correspondente, poderá solicitar por escrito, ante a dirección do centro no que estea matriculado, unha convocatoria adicional de carácter extraordinario, por circunstancias especiais que deberá alegar e xustificar documentalmente, sen que se poida alegar como circunstancia especial a falta de rendemento académico.

O prazo para a presentación da solicitude sinalada no número anterior abranguerá os cinco días lectivos seguintes á data de comunicación da cualificación da derradeira convocatoria.

A dirección do centro, unha vez recibida a solicitude de convocatoria sinalada no número anterior, poderá solicitar un informe da xefatura do departamento da especialidade correspondente, en que consten cantas circunstancias se consideren relevantes para a resolución da solicitude, sen que entre estas poida figurar a falta de rendemento académico do/a alumno/a solicitante. Resolverá nun prazo non superior a dez días hábiles.

O alumnado que obteña autorización dunha convocatoria adicional deberá facer uso dela na convocatoria inmediatamente seguinte á data en que fose concedida, sen prexuízo da solicitude da anulación de convocatoria establecida na presente orde, da que o alumnado poida facer uso.

ANULACIÓN DE CONVOCATORIAS

O alumnado poderá solicitar a anulación dunha convocatoria nunha ou varias disciplinas por causa xustificada e acreditada documentalmente mediante escrito dirixido á dirección do centro, ata dez días lectivos antes da sesión de avaliación correspondente á convocatoria, sen que entre ditas causas poida figurar a falta de rendemento académico. A dirección do centro, logo do informe da xefatura de estudos, resolverá o que proceda, nos cinco días lectivos seguintes ao da presentación da solicitude.

A presentación dunha solicitude de anulación de convocatoria fóra do prazo establecido no número anterior só poderá ser admitida por causa de accidente ou enfermidade do/da solicitante, ou causa de forza maior, que será, en calquera caso, xustificada documentalmente e valorada pola dirección do centro.

A concesión de anulación de convocatoria pola dirección do centro implicará que dita convocatoria se considere como non consumida polo/a solicitante, sen prexuízo dos criterios da permanencia nas Ensinanzas Superiores de Deseño establecidos nesta orde. Na acta de cualificación correspondente figurará a anotación AC (anulación de convocatoria).

A solicitude e obtención dunha convocatoria adicional ou dunha anulación de convocatoria por parte do alumnado non afectará o dereito de asistencia ás actividades lectivas periódicas programadas na disciplina correspondente.

PERMANENCIA NA TITULACIÓN

Non se poderá realizar matrícula na mesma especialidade durante máis de oito anos académicos nun centro oficial dependente da Consellería competente en materia de Ensinanzas Artísticas Superiores da Comunidade Autónoma de Galicia, sen prexuízo das convocatorias adicionais ou anulacións de convocatoria que lle fosen concedidas. Para estes efectos computaranse todos os anos académicos en que o alumnado teña realizado matrícula, con independencia da eventual renuncia a esta, do número de disciplinas en que se teña matriculado e do número de créditos ECTS asociados a estas.

PLANIFICACIÓN ACADÉMICA ANUAL

No primeiro, segundo e terceiro cursos das Ensinanzas Superiores de Deseño, as actividades lectivas estenderanse ao longo do todo o ano académico, segundo o calendario escolar. A docencia nas disciplinas integradas no cuarto curso impartirase ao longo do primeiro cuadrimestre de cada ano académico, agás no caso das disciplinas de prácticas externas (PE) e o Traballo Fin de Estudos (TFE), que se realizarán ao longo do segundo cuadrimestre de cada ano académico.

RECLAMACIÓNS CONTRA AS CUALIFICACIÓNS

No caso de que o alumnado desexe facer una reclamación contra una cualificación, disporá dun prazo de 2 días, contados a partir do día seguinte ao da comunicación da cualificación, contra as seguintes cualificacións:
a) Probas de acceso.
b) Probas finais ordinarias e extraordinarias.
c) Prácticas externas (PE).
d) Traballo fin de estudos (TFE).

A reclamación poderana presentar cando consideren que a cualificación se outorgou sen a obxectividade requirida debido a:
a) Inadecuación da proba proposta ou dos instrumentos de avaliación aplicados en relación cos obxectivos e contidos da disciplina.
b) Incorrecta aplicación dos criterios de avaliación establecidos na programación didáctica.

No suposto de reclamación contra as cualificacións finais, o director ou directora do centro someteraa ao departamento correspondente. Logo de recibido o informe do departamento, o director ou directora do centro emitirá resolución motivada ao respecto no prazo de cinco días, contados a partir da súa recepción.

No suposto de reclamación contra as cualificacións das probas de acceso e do TFE, o director ou directora do centro someteraa ao tribunal avaliador correspondente. Logo de recibido o informe do tribunal, o director ou directora do centro emitirá resolución motivada ao respecto no prazo de cinco días, contados a partir da súa recepción. Para as probas de acceso, o prazo será de dous días.

Contra a resolución do director ou directora do centro, o/a interesado/a poderá presentar recurso de alzada perante a xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria correspondente no prazo máximo dun mes a partir da súa notificación. No caso de que o recurso se presente a través do centro, a dirección tramitarao xunto coa documentación correspondente nun prazo non superior a 48 horas. A resolución da xefatura territorial poñerá fin á vía administrativa.

A web (www.escoladeartelugo.com) é un de os medios de información sobre horarios, exames, matrícula, materias, calendario escolar, etc. Con todo, a información última é a que se coloca en os taboleiros de anuncios habilitados na Escola.

Perfil de ingreso recomendado de titulación

A maioría dos estudantes do Título Superior de Deseño de Interiores, equivalente ao título universitario de grado, proceden fundamentalmente de estudios preuniversitarios, bacharelato, selectividade, formación profesional ou otros estudos universitarios.

Os estudiantes, despois de superar unhas sinxelas probas de acceso, están capacitados para empezar os estudos de Deseño de Interiores, aínda que certas habilidades e intereses poden resultarlle beneficiosos durante o seu percorrido formativo. A capacidade de observación, a sensibilidade artística, a creatividade e a imaxinación así como unha motivación á hora de empregar novos recursos tecnolóxicos e a capacidade de traballo autónomo e colaborativo, axudarán ao estudante a superar con éxito estes estudos.

Perfil profesional

O Deseñador de Interiores é un profesional capaz de analizar, investigar e proxectar, dirixir equipos de proxectos e de execución de obras de deseño de interiores, así como actuar como interlocutor directo ante as administracións públicas no ámbito da súa profesión.

O bo Deseñador de Interiores crea espazos a partires das necesidades detectadas nun ámbito concreto, conxugando a técnica coa arte e atendendo á funcionalidade do espazo que recrea; traballa en todas as áreas dun edificio para facelo funcional, elevando a calidade de vida e o contorno cultural dos seus ocupantes, facendo tamén que sexa esteticamente atractivo.

Os Deseñadores de Interiores deseñan, programan, executan e dirixen os proxectos de deseño de todo tipo de espazos interiores, de paisaxismo e xardíns, e deseñan produtos para a decoración de espazos.

Os ámbitos principais onde desenvolve a súa actividade son:

  • Vivenda e deseño dos espazos interiores para o hábitat
  • Deseño de espazos comerciais e de ocio
  • Deseño de espazos administrativos
  • Deseño de espazos culturais, educativos e lúdicos
  • Deseño escenográfico
  • Deseño de espazos efémeros: stands, exposicións
  • Deseño de produtos para a decoración de espazos
  • Rehabilitación de vivendas
  • Escaparatismo
  • Paisaxismo, xardíns e deseño de espazos públicos
  • Xestión empresarial de actividades creativas
  • Deseño dos espazos interiores dos distintos sistemas de transporte: barcos, avións, trens
  • Xestión de obras, medicións, orzamentos e prevención de riscos no ámbito do deseño de interiores
  • Dirección de obras no ámbito do deseño de interiores
  • Investigación e docencia

Ao finalizar os catro cursos académicos de 60 créditos ECTS cada un, cun total de 240 créditos ECTS, o alumno obterá o Título Superior de Deseño na especialidade de Deseño de Interiores. Este título ten carácter oficial e validez académica e profesional en todo o territorio nacional e é equivalente a todos os efectos ao título universitario de Grao.


Artigo 57. 3 da LOMCE

Lei orgánica 8/ 2013 para a mellora da calidade educativa (LOMCE)

 Artigo 57 Estudos superiores de artes plásticas e deseño

  1. Os estudos superiores de Artes Plásticas, entre os que se inclúen os estudos superiores de cerámica e os estudos superiores do vidro, conducirán ao título Superior de Artes Plásticas na especialidade que corresponda, que queda incluído a todos os efectos no nivel 2 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior e será equivalente ao título universitario de grao. Sempre que a normativa aplicable esixa estar en posesión do título universitario de Grao, entenderase que cumpre este requisito quen estea en posesión do título Superior de Artes Plásticas.

Decreto 172/2015, do 29 de outubro, polo que se establece o plan de estudos de las ensinanzas artísticas superiores na Comunidade Autónoma de Galicia.

Preme no nome de cada materia para descargar a súa Guía Docente.

1º Curso

Materia Disciplina Carácter Tipo Horas por semana Horas por curso Créditos ECTS
Fundamentos do deseño Fundamentos do deseño F.B. T.P. 2 72 4
Deseño básico F.B. T.P. 3 108 8
Linguaxes e técnicas de representación e comunicación Debuxo artístico F.B. T.P. 5 180 10
Volume F.B. T.P. 4 144 8
Sistemas de representación F.B. T.P. 2 72 6
Tecnoloxía dixital F.B. T.P. 3 108 6
Ciencia aplicada ao deseño Ciencia aplicada ao deseño F.B. T. 2 72 6
Historia das artes e do deseño Historia das artes e do deseño F.B. T. 3 108 6
Proxectos de diseño de interiores Debuxo técnico aplicado ao deseño de interiores O.E. T.P. 3 108 6
A Totais: 27 972 60

2º Curso 

Materia Disciplina Carácter Tipo Horas por semana Horas por curso Créditos
ECTS
Proxectos de deseño de interiores Proxectos de deseño de interiores I O.E. T.P. 6 216 16
Tecnoloxía dixital aplicada I O.E. T.P. 3 108 6
Materiais e tecnoloxía aplicada ao deseño de interiores Construción I O.E. T.P. 4 144 8
Materiais O.E. T.P. 3 108 6
Instalacións I O.E. T.P. 4 144 8
Cultura do deseño Cultura do deseño F.B. T. 2 72 6
Xestión do deseño Organización e lexislación F.B. T. 2 72 4
Optativas Laboratorio da cor /
Técnicas de Expresión Gráfica
Op. 2 72 6
A Totais: 26 936 60

3º Curso

Materia Disciplina Carácter Tipo Horas por semana Horas por curso Créditos
ECTS
Proxectos de deseño de interiores Proxectos de deseño de interiores II O.E. T.P. 6 216 16
Tecnoloxía dixital aplicada II O.E. T.P. 3 108 6
Materiais e tecnoloxía aplicada ao deseño de interiores Construción II O.E. T.P. 4 144 10
Instalacións II O.E. T.P. 3 108 8
Historia do deseño de interiores Historia do deseño de interiores O.E. T. 2 72 4
Xestión do deseño de interiores Economía O.E. T. 2 72 4
Optativas Optativa I (Arquitectura efémera / Deseño de mobiliario / Laboratorio de construción tradicional / Luminotecnia) Op. 2 72 6
Optativa II (Arquitectura efémera / Deseño de mobiliario / Laboratorio de construción tradicional / Luminotecnia) Op. 2 72 6
A Totais: 24 864 60

4º Curso

Materia Disciplina Carácter Tipo Horas por semana Horas por curso Créditos
ECTS
Materiais e tecnoloxía aplicada ao deseño de interiores Medicións O.E. T.P. – – 72 6
Xestión do deseño de interiores Prácticas externas O.E. P. – – – – 12
Optativas Optativa I (Escenografía / Gráfica aplicada aos espazos / Téxtiles) Op. – – 72 6
Optativa II (Escenografía / Gráfica aplicada aos espazos / Téxtiles) Op. – – 72 6
Proxectos de deseño de interiores Proxectos de deseño de interiores III O.E. T.P. – – 72 12
Traballo fin de grao O.E. T.P. – – 72 18
A Totais: – – 360 60

Abreviaturas:

F.B.: formación básica | O.E.: obrigatoria na especialidade | Op.: disciplinas optativas

T:. teórica | T.P.: teórico-práctica | P.: práctica.

Cada disciplina ten asociados un número de créditos ECTS que se lle recoñecerán ao alumnado unha vez as supere. Cada crédito ECTS ten unha equivalencia de 25 horas segundo o establecido no Real Decreto 1614/2009 do 26 de outubro (artigo 4.4º)

O plan de estudos ten unha duración de 38 semanas lectivas completas para cada un dos cursos académicos.

Decreto 172/2015, do 29 de outubro, polo que se establece o plan de estudos de las ensinanzas artísticas superiores na Comunidade Autónoma de Galicia.

Orde do 30 de setembro de 2010 pola que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de grao en deseño na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula o acceso ao dito grao.

Corrección de erros. Orde do 30 de setembro de 2010 pola que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de grao en deseño na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula o acceso ao dito grao.

CONDICIÓNS DE DESENVOLVEMENTO DO TRABALLO FIN DE ESTUDOS (TFE) DAS ENSINANZAS SUPERIORES DE DESEÑO DE INTERIORES

Criterios xerais fixados polo ORDE DO 21 DE NOVEMBRO DE 2016 pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Deseño, en desenvolvemento do DECRETO 172/2015, polo que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia.

CAPÍTULO III. Matrícula, promoción e permanencia

Artigo 10. Matrícula

6. O alumnado matricularase no Traballo Fin de Estudos (TFE) ao comezo do ano académico correspondente, e disporá de dúas convocatorias, ordinaria e extraordinaria respectivamente, para a superación desta disciplina. A avaliación e cualificación correspondente á convocatoria ordinaria realizarase ao remate do segundo cuadrimestre de cada ano académico, e a correspondente á convocatoria extraordinaria realizarase no mes de xullo. De ser o caso, o alumnado que non supere ou non presente o traballo fin de estudos (TFE) no curso escolar en que finaliza os estudos, terá dereito a utilizar as convocatorias correspondentes durante o primeiro cuadrimestre do seguinte ano académico.

7. Excepcionalmente, o/a xefe/a de estudos do centro poderá autorizar a matrícula no traballo fin de estudos (TFE) ao alumnado con disciplinas pendentes, agás que as disciplinas pendentes pertenzan á materia de Proxectos de Deseño Gráfico, Proxectos de Deseño de Interiores, Proxectos de Deseño de Moda e Indumentaria e Proxectos de Produtos e de Sistemas, e sempre que a suma dos créditos asociados a estas non sexa superior a 18.

Artigo 12. Promoción

1. O alumnado das ensinanzas superiores de Deseño disporá, con carácter xeral, de catro convocatorias para a superación das diferentes disciplinas integradas nestes estudos, agás nas disciplinas de prácticas externas (PE) e no traballo fin de estudos (TFE), nas cales soamente disporá de dúas convocatorias.

CAPÍTULO VI. Planificación académica

Artigo 24. Planificación académica anual

2. No primeiro, segundo e terceiro cursos das ensinanzas superiores de Deseño, as actividades lectivas estenderanse ao longo do todo o ano académico, segundo o calendario escolar. A docencia nas disciplinas integradas no cuarto curso impartirase ao longo do primeiro cuadrimestre de cada ano académico, agás no caso das disciplinas de prácticas externas (PE) e o traballo de fin de estudos (TFE), que se realizarán ao longo do segundo cuadrimestre de cada ano académico.

CAPÍTULO VII. Avaliación e cualificación do alumnado

Artigo 32. Reclamación contra as cualificacións

4. No suposto de reclamación contra as cualificacións das probas de acceso e do TFE, o director ou directora do centro someteraa ao tribunal avaliador correspondente. Logo de recibido o informe do tribunal, o director ou directora do centro emitirá resolución motivada ao respecto no prazo de cinco días, contados a partir da súa recepción. Para as probas de acceso, o prazo será de dous días.

5. Contra a resolución do director ou directora do centro, o/a interesado/a poderá presentar recurso de alzada perante a xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria correspondente no prazo máximo dun mes a partir da súa notificación. No caso de que o recurso se presente a través do centro, a dirección tramitarao xunto coa documentación correspondente nun prazo non superior a 48 horas. A resolución da xefatura territorial poñerá fin á vía administrativa.

CAPÍTULO VIII. Traballo de fin de estudos (TFE)

Artigo 35. Aspectos xerais do TFE

1. O alumnado do TFE deberá propoñerlle ao departamento da familia profesional correspondente que estea cursando, nos prazos que para cada curso escolar se determinen desde a Área de Formación da escola, e achegando a documentación necesaria, o traballo ou tema concreto que pretende desenvolver. O departamento, vistas as propostas do alumnado, proporá a xefatura de estudos a asignación de titor/a, e determinará a idoneidade do proxecto presentado en función dos requisitos exixibles. De non considerarse idónea a proposta formulada, o/a alumno/a deberá aceptar os cambios propostos polo/a titor/a, ou formular unha nova proposta, no prazo sinalado polo departamento.

2. Durante a realización do TFE, o alumnado poderá dispoñer dos espazos, instalacións e medios precisos existentes no centro, coa tutela do/da docente que exerza a función de titor/a, e en horario e calendario que a xefatura de estudos determine.

3. Como parte integrante do TFE, o alumnado presentará unha memoria xustificativa do traballo realizado, que deberá conter un resumo desta nun idioma estranxeiro.

4. A presentación e defensa do TFE poderá ser recollido en soporte dixital. En calquera caso, as gravacións obtidas quedarán perfectamente identificadas, catalogadas e arquivadas para os efectos de atender calquera reclamación.

Artigo 36. Desenvolvemento do TFE

1. O TFE consistirá no desenvolvemento completo dun proxecto orixinal e inédito da especialidade das ensinanzas superiores de Deseño correspondente, coa execución material daquelas partes del que o tribunal encargado da súa organización, desenvolvemento e avaliación determine, cos condicionantes previos, de información, de redacción, de execución e de viabilidade técnica e económica o máis semellantes posible ás do ámbito laboral, social, económico, cultural e produtivo real.

2. O tribunal encargado da organización, desenvolvemento e avaliación do TFE, atendendo ás instrucións ao respecto acordadas polo departamento da familia profesional da especialidade correspondente informará por escrito ao alumnado das partes que integran o TFE, especificando a documentación que forma parte de cada unha delas, sexan documentos gráficos, dixitais, desenvolvementos volumétricos dixitais ou reais, e o tipo de soporte en que deban ser presentados e o seu formato, incluída a memoria xustificativa sinalada no artigo 35.3 desta orde, e do calendario, horario e forma de entrega do TFE.

3. O alumnado do TFE deberá expoñer o seu TFE perante o tribunal en sesión pública, durante un máximo de vinte minutos, utilizando para iso os medios que xulgue oportunos, e o tribunal poderá formularlle ao alumnado preguntas ou solicitar aclaracións sobre o seu TFE durante un tempo máximo de dez minutos.

4. A avaliación do TFE consistirá na constatación dos coñecementos que o alumnado amose dos contidos propios da especialidade, e da valoración do nivel acadado nas de competencias transversais, xerais e específicas establecidas para esta disciplina no anexo I do Decreto 172/2015, do 29 de outubro.

Artigo 37. Organización, supervisión, tutela e cualificación

1. Para a organización, avaliación e cualificación do TFE, constituirase un tribunal integrado, preferentemente, por docentes da especialidade correspondente, nomeado pola dirección do centro, por proposta da xefatura de estudos deste, que estará integrado, cando menos, por un/unha presidente/a, un/ha secretario/a e un/ha vogal. Así mesmo, a dirección do centro nomeará un tribunal suplente. Sempre que a dispoñibilidade do profesorado do centro o permita, os/as docentes que desempeñen a tutela do alumnado no TFE non poderán formar parte do tribunal cualificador deste.

2. A Área de Formación da escola establecerá, no capítulo III do Plan anual, os criterios para o desenvolvemento do TFE en cada curso escolar, que se integrará no Plan anual, e que conterá, cando menos, os seguintes aspectos:

a) Prazo/s, condicións e documentación precisa para a presentación e defensa das propostas de traballo por parte do alumnado, calendario e horario de defensa das propostas.

b) Asignación de titor/a do TFE a cada alumno/a, e horario semanal de atención por parte do/da titor/a, segundo dispoñibilidade do profesorado.

c) Calendario de realización, prazo e forma de entrega do TFE, calendario e horario de exposición e defensa destes.

3. O alumnado do TFE contará coa tutela dun/dunha profesor/a da especialidade durante catro horas á semana durante o cuadrimestre correspondente, en horario que será determinado pola xefatura de estudos, oído o equipo docente da especialidade e en función das súas necesidades de organización xeral.

4. Previamente, en data que determine o tribunal cualificador do TFE, os/as titores/as do alumnado que presente o TFE para a súa avaliación e cualificación, deberán achegar informe individualizado para cada alumno/a tutelado/a, en relación co da tutela realizada, con indicación da asistencia do/da alumno/a aos horarios de tutela establecidos, grao do seguimento das indicacións dadas e cantas outras circunstancias consideren significativas ou relevantes para a correcta avaliación do TFE.

5. A cualificación do TFE será a media aritmética das cualificacións emitidas polos/as integrantes do tribunal presentes na sesión de cualificación. Cando entre as puntuacións outorgadas exista unha diferenza de tres ou máis enteiros, serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima e calcularase a puntuación media entre as cualificacións restantes. No caso de empate entre cualificacións máximas ou mínimas, unicamente será excluída unha delas.

6. A cualificación no TFE expresarase en termos numéricos segundo a escala de 0 a 10 cun decimal. No caso de que a cualificación obtida polo alumnado resulte con máis de dous decimais, redondearase aos dous decimais por exceso. Á cualificación numérica engadiráselle a cualificación cualitativa segundo a relación establecida no artigo 31.1 desta orde. Consideraranse positivas as cualificacións iguais ou superiores a cinco e negativas as restantes. A acta incluirá un informe do tribunal elaborado para tales efectos.

Criterios particulares fixados polo Tribunal de TFE de Ensinanzas Superiores de Deseño de Interiores da EASD Ramón Falcón

Condicións particulares de desenvolvemento do TFE

O deseño ten que ser orixinal e inédito, destinado soamente a finalidade académica (salvo autorización particular do tribunal). O obxecto do proxecto ten que estar completamente definido e que este ha de ser viable para ser executado do modo en que ven proxectado, prevendo a súa planificación construtiva en canto a técnicas, materiais, tempos e custos. Teranse en conta, e definiranse no traballo, as condicións previas presentes na ubicación física do traballo, de existir, e o xeito no que estas son asumidas e modificadas para a execución do deseño proxectado.

Obxecto do TFE

O obxecto do TFE, de xeito xenérico, será calquera situado no ámbito das competencias profesionais dos titulados superiores en Deseño de Interiores, que veñen fixadas polo RD 902/1977 e limitadas pola Ley 38/1999 de Ordenación de la Edificación. Estas limitacións legais poderán ser puntualmente superadas en aspectos concretos do traballo, pero non de xeito xeneralizado. Isto ven a dicir que os traballos non terán un alcance que obrigue legalmente a intervención de outros técnicos salvo en aspectos localizados e reducidos do mesmo. O campo de traballo comprende edificacións permanentes ou efémeras, novas, reformadas ou rehabilitadas, espazos urbáns pechados ou abertos, deseño de instalacións, amoblamentos, complementos, etc. (de xeito artesanal e único ou industrial para a súa produción en serie), e mesmo estudos de tipoloxías construtivas, de materiais, ergonómicas, etc sempre que se apliquen a un exemplo concreto.

Outras limitacións deste obxecto serán:

Ámbitos de traballo físico (de habelos) restrinxidos ao Concello de Lugo.

Superficie de traballo non superior aos 500 m2 construídos e orzamento de execución material non superior a 250.000 €

Obxectivos do TFE

O tribunal do TFE asume os obxectivos contidos na orde do 15 de xullo de 2008 que regula o desenvolvemento do PFC nos E.S. de deseño.

Son obxectivos do TFE: Aplicar e integrar os coñecementos adquiridos nas diversas materias. Analizar, definir e resolver os aspectos conceptuais, estéticos e técnicos e verificar a viabilidade do proxecto. Codificar e transmitir correctamente a información gráfica e técnica necesaria na planificación das distintas etapas da produción e construción. Utilizar unha metodoloxía baseada na investigación e na análise, para interpretar e xerar a información necesaria.

Contido xeral do TFE

O tribunal do TFE asume os contidos fixados na orde do 15 de xullo de 2008 que regula o desenvolvemento do PFC nos E.S. de deseño.

O proxecto traballo final de estudos constará de:

Memoria xustificativa (antecedentes e peculiaridades), que segundo a ORDE do 21 de novembro de 2016 debe conter un resumo nun idioma estranxeiro.

Memoria descritiva, incluíndo aspectos: normativos, funcionais, estéticos, estruturais, técnicos e económicos.

Testemuño gráfico (material debuxado) e Testemuño volumétrico (volumetría física, maqueta ou dixital).

O alumno requirirá ao seu titor o seu informe individualizado, que incorporará no seu proxecto como anexo independente, previo a súa entrega.

Contido formal do TFE

Con respecto ao seu contido formal mínimo, escrito e gráfico, remítese de xeito xeral ao disposto no ANEXO I da parte I do Código Técnico da Edificación (contido do proxecto), axeitado en todo caso as particularidades do deseñado. A documentación a entregar comprende unha copia completa do proxecto en soporte papel (de todo o contido gráfico e escrito) e unha copia completa en soporte informático en formato non editable (extensión pdf ou similar), ao marxe do material utilizado na súa presentación e defensa.

Preceptos legais ou normativos do TFE

Os preceptos legais ou normativos de obrigada observancia serán todos os de carácter técnico en xeral, así como os de carácter sectorial (dependendo dos usos e construción prantexada), e dicir, CTE, normas de construción en xeral, de habitabilidade, de instalacións, enerxéticas, de residuos, etc… O seu cumprimento virá xustificado na memoria. Por outra banda, os de carácter urbanístico serán só analizados ou estudados pero sen que estes sexan de obrigado seguimento (Leis do Solo, Planes Xerais, Planes Parciais… etc), en aras de non limitar en exceso as posibilidades dos espazo físicos de traballo (vivendas, locais comerciais, prazas públicas, rúas, etc…), tendo que ser, sen embargo, consciente o autor do traballo da obrigatoriedade de cumprir as súas disposicións.

Avaliación e cualificación do TFE

Será condicións obrigada para a obtención dunha cualificación positiva o ter seguido, con suficiente continuidade, a titoría posta a disposición do alumno, así como a presentación, en tempo e contido, de toda a documentación. O non cumprimento de algunha destas condicións suporá a obtención dunha cualificación negativa.

Aspectos avaliables polo tribunal do TFE

O resultado gráfico do proxecto. A correción en canto a súa resolución gráfica, intelixibilidade, creatividade e innovación.

O resultado funcional do proxectado. O axeitamento en canto o seu análise e resolución do problema funcional prantexado.

O resultado estético do proxectado. O seu acerto en canto a orixinalidade e innovación na súa creación formal.

O resultado técnico do proxectado. A correción das solucións construtivas e de materiais, e a súa viabilidade legal, técnica e económica.

As prácticas en empresas están orientadas a desenvolver as competencias requiridas nos diferentes ámbitos profesionais para os que prepara o título de grao. O período de prácticas externas conta como mínimo con 12 créditos ECTS.
A través das prácticas en empresas establécese unha ponte entre os mundos académico e profesional para incorporar á profesionalidade as transformacións económicas, tecnolóxicas e a sensibilidade social que están tendo lugar de maneira incesante.
O obxectivo é asumir a realidade profesional para completar a formación académica coa realización de tarefas de responsabilidade, dacordo co nivel de formación do alumnado, e tomar contacto co mundo do traballo e co sistema propio de relacións sociais, laborais e técnicas.

  • Decreto 172/2015, do 29 de outubro, polo que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Orde do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Deseño en desenvolvemento do Decreto 172/2015, do 29 de outubro, polo que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia.