O estudantado residente na comarca da Mariña luguesa poderá matricularse entre o luns 13 e o venres 17 de xullo, ambas datas incluídas.

A Xunta de Galicia publicou no Diario Oficial de Galicia do 5 de xullo de 2020 unha orde pola que se establecen determinadas medidas de prevención nos concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove (comarca da Mariña), como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19.

O período de matrícula para estudantes actuais da EASD Ramón Falcón de Lugo vai desde o luns 6 de xullo ata o venres 10 de xullo, ambas datas incluídas. Sen embargo, considerando a devandita situación, establécense medidas especiais dirixidas exclusivamente ao estudantado residente nos lugares aos que afecta o confinamento decretado.

O estudantado residente na comarca da Mariña luguesa poderá realizar a súa matrícula entre o luns 13 e o venres 17 de xullo, ambas datas incluídas. Ademais, no caso de que o período de confinamento se prolongase, o estudantado residente na comarca da Mariña luguesa poderá realizar a súa matrícula durante a primeira semana de setembro.

Desta forma, está convocado a realizar a súa matrícula nestas condicións o alumnado residente na Mariña que vaia cursar: