8 de marzo é o Día Internacional da Muller. Por iso un grupo de alumnos de segundo curso do CFGS de Fotografía traballou para estrear nesta data unha versión de ‘fÉminas’. Unha peza única, un poema visual protagonizado polo feminino.

O proxecto é deseñado como unha colección de viñetas, cadros ou cápsulas, coidadosamente elaboradas, que inclúen diferentes localizacións, personaxes, elementos da posta en escea, iluminación, movementos de cámara ou calquera outra variable técnica. 

Os autores desta versión de ‘fÉminas’ son Belén Chantres, Patricia Faría, Nensy Fernández Alonso, Marina Freán Darriba, María García Morado, Jorge López Graña, Borja Mirón Chaos, Santiago Rosales Durán e Evelin Ruiz Crego.