Convocatoria de solicitudes de mobilidade para persoal para os cursos 2020/21 e 2021/22, dentro dos programas Erasmus+:

– KA103- para un país da UE.
– KA107 CARTES – para Albania, Bosnia-Herzegovina, Mozambique e Bhután.

Data límite para presentar solicitudes: 19 de abril de 2021.
As solicitudes enviaranse ao correo electrónico do Coordinador de Proxectos Internacionais: ferreiromazon@edu.xunta.es

A Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo fai pública a presente convocatoria de solicitudes de axuda para a mobilidade de persoal desta Escola, para calquera país da Unión Europea (para ver os países de destino, preme aquí) e para Albania, Bosnia-Herzegovina, Mozambique e Bhután.

Tendo en conta a situación de pandemia mundial, as mobilidades realizaranse cando as condicións sanitarias sexan as apropiadas en cada país de destino. De non poder facerse este curso, permanecen adxudicadas ao profesor seleccionado para ser realizadas en cursos vindeiros.

Para poder participar na convocatoria, os Docentes deberán cubrir o formulario do Anexo I (preme aquí para descargalo en formato PDF) e achegar toda a documentación que se indica.

REQUISITOS PARA PARTICIPAR

Poderán participar neste programa os docentes que reúnan os seguintes requisitos:

  • Ter nacionalidade ou autorización de residencia válida nun dos países participantes no programa Erasmus+.
  • Estar destinado na EASD Ramón Falcón de Lugo, no momento da solicitude e no momento da realización da mobilidade, e impartir docencia nos Ciclos Superiores ou en Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño.
  • Xustificar que ten o nivel necesario da lingua utilizada na Institución de destino.


SELECCIÓN DE PARTICIPANTES

O Tribunal de valoración estará formado por un membro do Equipo Directivo, o Coordinador de Proxectos Internacionais e un profesor da EASDRF. O resultado da selección será comunicado persoalmente por correo electrónico a cada un dos participantes.


CRITERIOS DE SELECCIÓN

1 – CERTIFICACIÓNS DE IDIOMAS ESTRANXEIROS

– Nivel B1 ………………………………………………….. 1 PUNTOS.
– Nivel B2 ………………………………………………….. 2 PUNTOS.
– Nivel C1 ou superior …………………………………… 3 PUNTOS.

2 – RELEVANCIA PARA EASDRF LUGO

– Propostas que teñan como fin establecer contactos relevantes con Institucións estranxeiras, ata …. 3 PUNTOS.
– Motivación persoal pero relacionada con algunha das materias que se imparten na EASD, ata …… 2 PUNTOS.
– Solicitudes totalmente persoais……………………………………………………………………………………………… 1 PUNTOS.

(No caso de empate na puntuación, darase preferencia ao persoal con maior antigüidade na EASD Ramón Falcón de Lugo).