Convocatoria de solicitudes de mobilidade para persoal para o curso 2019/20, dentro dos programas Erasmus+

  • KA103 – para un país da UE.

  • KA107 Cartes – para Albania, Bosnia-Herzegovina e Filipinas.

Data límite para presentar solicitudes: 21 de outubro de 2019.

As solicitudes enviaranse ao correo electrónico do Coordinador de Proxectos Internacionais:  ferreiromazon@edu.xunta.es

A EASD Ramón Falcón de Lugo fai pública a presente convocatoria de solicitudes de axuda para a mobilidade de persoal desta Escola, para calquera país da Unión Europea (preme aquí para ver os países de destino) e para Albania, Bosnia Herzegovina e Filipinas.

Para poder participar na convocatoria os Docentes deberán cubrir o formulario do ANEXO – I, que lles foi facilitado, e adxuntar toda a documentación que se indica.

REQUISITOS PARA PARTICIPAR

Poderán participar neste programa os docentes que reúnan os seguintes requisitos:

  • Ter nacionalidade ou autorización de residencia válida nun dos países participantes no programa Erasmus+.
  • Estar destinado na EASD Ramón Falcón de Lugo, no momento da solicitude e no momento da realización da mobilidade, e impartir docencia nos Ciclos Superiores ou en Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño.
  • Xustificar que ten o nivel necesario da lingua utilizada na Institución de destino.

SELECCIÓN DE PARTICIPANTES

O Tribunal de valoración estará formado por un membro do Equipo Directivo, o Coordinador de Proxectos Internacionais e un profesor da EASD Ramón Falcón de Lugo.

 

CRITERIOS DE SELECCIÓN:

1 – ORDE DE ENTRADA DA SOLICITUDE:

– As solicitudes recibidas no prazo de tres días (72 h.) desde o envío da convocatoria……………………. 3 PUNTOS.
– As solicitudes recibidas no prazo de entre tres y cinco días desde o envío da convocatoria…………… 2 PUNTOS.

2 – CERTIFICACIÓNS DE IDIOMAS ESTRANXEIROS:

– Nivel B1 ………………………………………………….. 1 PUNTOS.
– Nivel B2 ………………………………………………….. 2 PUNTOS.
– Nivel C1 ou superior …………………………………… 3 PUNTOS.

3 – RELEVANCIA PARA EASDRF LUGO:

– Propostas que teñan como fin establecer contactos relevantes con Institucións estranxeiras, ata …. 3 PUNTOS.
– Motivación persoal pero relacionada con algunha das materias que se imparten na EASD, ata …… 2 PUNTOS.
– Solicitudes totalmente persoais……………………………………………………………………………………………… 1 PUNTOS.

(No caso de empate na puntuación, darase preferencia ao persoal con maior antigüidade na EASD Ramón Falcón de Lugo).