A Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo, fai pública a presente convocatoria de solicitudes de participación nas actividades de mobilidade do alumnado deste centro, no marco do Programa Erasmus+, para calquera país da Unión Europea (para ver os países de destino, preme aquí).

Data límite para presentar solicitudes: 19 de abril de 2021.

Para participar na convocatoria os alumnos deberán presentar na secretaría da escola, dentro do prazo establecido, o Formulario de Solicitude -Anexo I- (preme aquí para descargalo en formato PDF), e achegar toda a documentación que se indica.

  • Copia do DNI polas dúas caras.
  • Curriculum Vitae (Europass).
  • Carta de motivación (breve carta na que se expoñan os motivos do estudante para participar no programa).
  • Acreditación de nivel dos idiomas estranxeiros.


REQUISITOS PARA PARTICIPAR

Poderá participar neste programa o alumnado que reúna os seguintes requisitos:

  • Ter nacionalidade ou autorización de residencia válida nun dos países participantes no programa Erasmus+.
  • Cursar estudos superiores ou ciclos formativos de grao superior na EASD Ramón Falcón de Lugo, no momento da solicitude e no momento da realización da mobilidade.
  • Xustificar o nivel necesario da lingua utilizada na Institución de destino, ou no seu defecto, de inglés.


CRITERIOS DE SELECCIÓN

1 – EXPEDIENTE ACADÉMICO. Nota media do expediente académico nos estudos que está a cursar na actualidade. Non fai falta achegalo, xa que o fará a secretaría do centro. Puntuación máxima: 5 PUNTOS.

2– CERTIFICADOS DE IDIOMAS ESTRANXEIROS.

– Nivel B1 ………………………………………………….. 1 PUNTO.
– Nivel B2 ………………………………………………….. 2 PUNTOS.
– Nivel C1 ou superior …………………………………… 3 PUNTOS.

3 – CARTA DE MOTIVACIÓN. Puntuación máxima: 5 PUNTOS.


SELECCIÓN DE PARTICIPANTES

O Tribunal de valoración estará formado por un membro do Equipo Directivo, o Coordinador de Proxectos Internacionais e un profesor da EASD Ramón Falcón de Lugo. En caso de empate terá preferencia o mellor expediente. O resultado da selección será comunicado persoalmente por correo electrónico a cada un dos participantes e tamén na páxina web da escola.


INFORMACIÓN ADICIONAL

Para aclarar dúbidas, pódese contactar co Coordinador de Programas Internacionais a través do correo ferreiromazon@edu.xunta.es.

Na páxina oficial do SEPIE pódese consultar información de interese relativa ao Programa Erasmus+.

Data límite para presentar solicitudes: 19 de abril de 2021.