Convocatoria de solicitudes de mobilidade para estudantes para o curso 2019/20, para estudos ou prácticas, dentro dos programas Erasmus+

  • KA103 – para un país da UE.

  • KA107 Cartes – para Albania e Bosnia-Herzegovina.

Data límite para presentar solicitudes: 13 de decembro de 2019.

A EASD Ramón Falcón de Lugo fai pública a presente convocatoria de solicitudes de participación nas actividades de mobilidade de estudantes desta escola, no marco do Programa Erasmus+ para calquera país da Unión Europea e para Albania e Bosnia-Herzegovina.

Para participar na convocatoria os alumnos deberán presentar na secretaría da escola, dentro do prazo establecido, o Formulario de Solicitude -Anexo I- (preme aquí para descargalo en formato PDF), e achegar toda a documentación que se indica.

  • Copia do DNI polas dúas caras.
  • Curriculum Vitae (Europass).
  • Carta de motivación (breve carta na que se expoñan os motivos do alumno para participar no programa).
  • Acreditación de nivel dos idiomas estranxeiros.


REQUISITOS PARA PARTICIPAR

Poderá participar neste programa o alumnado que reúna os seguintes requisitos:

  • Ter nacionalidade ou autorización de residencia válida nun dos países participantes no programa Erasmus+.
  • Cursar estudos superiores ou ciclos formativos de grao superior na EASD Ramón Falcón de Lugo, no momento da solicitude e no momento da realización da mobilidade.
  • Xustificar o nivel necesario da lingua utilizada na Institución de destino, ou no seu defecto, de inglés.


DESTINOS

– Países de destino KA103: preme aquí para velos.

– Países de destino KA107 (CARTES – Arts Consortium):

Albania
– Universiteti Artevere Tirana.
– Universiteti “Eqrem Çabej” – Gjirokastrës.

Bosnia Herzegovina
– Univerzitet U Sarajevu.


CRITERIOS DE SELECCIÓN

1 – EXPEDIENTE ACADÉMICO. Nota media do expediente académico nos estudos que está a cursar na actualidade. Non fai falta achegalo, xa que o fará a secretaría do centro. Puntuación máxima: 5 PUNTOS.

2 CERTIFICADOS DE IDIOMAS ESTRANXEIROS.

– Nivel B1 ………………………………………………….. 1 PUNTO.
– Nivel B2 ………………………………………………….. 2 PUNTOS.
– Nivel C1 ou superior …………………………………… 3 PUNTOS.

3 – CARTA DE MOTIVACIÓN. Puntuación máxima: 5 PUNTOS.


SELECCIÓN DE PARTICIPANTES

O Tribunal de valoración estará formado por un membro do Equipo Directivo, o Coordinador de Proxectos Internacionais e un profesor da EASD Ramón Falcón de Lugo. En caso de empate terá preferencia o mellor expediente.


INFORMACIÓN ADICIONAL

Para aclarar dúbidas, pódese contactar co Coordinador de Programas Internacionais a través do correo ferreiromazon@gmail.com.

Na páxina oficial do SEPIE pódese consultar información de interese relativa ao Programa Erasmus+.