O pasado xoves 25 de outubro celebramos a edición anual de ‘Conexión’. Como xa sabedes, trátase dun evento que coincide coa festividade de San Antonio María Claret, patrón das ensinanzas artísticas. Na EASD Ramón Falcón aproveitámolo para dar xuntos a benvida ao novo curso, facendo entrega dos Premios Extraordinarios e inaugurando unha exposición cos traballos dos estudantes no ano anterior.

CONEXIÓN 2018/19

Picture 1 of 18

Sobre estas liñas podedes ver algunhas fotografías desta xornada tan especial para todos os que formamos a escola. Os estudantes premiados nesta ocasión son os seguintes:

  • Premio extraordinario das Ensinanzas Superiores de Deseño: María Viso González (Deseño Gráfico)
  • Premio extraordinario dos Ciclos Formativos de Grao Superior: Alejandro Real Novo (CFGS Fotografía)
  • Premios extraordinarios de Ciclo Formativo de Grao Medio: María Teresa Larios Etchevers e Silvia Rodríguez Regueiro (CFGM Serigrafía Artística)
  • Mención de Honra á Creatividade e a Innovación: Salvador Cidras Robles (CFGS Cerámica Artística)

Tamén deixamos imaxes da exposición, xa aberta ao público.