O pasado xoves 26 de outubro tivo lugar o acto de entrega dos Premios Extraordinarios 2017 na EASD Ramón Falcón de Lugo. Trátase dun recoñecemento ao excelente percorrido académico de varios estudantes das distintas titulacións que se imparten na escola. Ademais, tamén se concedeu unha Mención de Honra á Innovación e a Creatividade.

Estes foron os estudantes premiados:

– Premio Extraordinario – Ciclos Formativos de Grao Medio

Susana Carballo Santín (CFGM Serigrafía Artística)


– Premio Extraordinario – Ciclos Formativos de Grao Superior

Begoña Souto Ares (CFGS Gravado)


– Premio Extraordinario – Ensinanzas Superiores de Deseño Gráfico

Iago Méndez Suazo


– Mención de Honra á Innovación e a Creatividade

Andrea Mariz Rodríguez (CFGS Fotografía)