Xa podes visualizar e descargar ELAS, o fanzine elaborado na EASD Ramón Falcón con motivo do 8M.

Este fanzine nace desde a Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo co obxectivo de visibilizar a todas aquelas mulleres que traballaron e traballan no mundo da arte e en especial nas artes plásticas.

Somos un grupo de estudantes e profesoras pertencentes ás diferentes especialidades da escola que traballamos desde a igualdade, defendendo o talento sen importar o xénero.

Loitamos como loitaron as que nos precederon por dereitos igualitarios, para que no mundo da arte haxa cabida para todxs, loitamos para que os nosos camiños non teñan máis pedras nin sexan máis longos.

O que pretendemos é que botes unha ollada e teñas o dereito de coñecer unha pequena mostra das mulleres artistas que existiron e existen, ese dereito que nos rouba esta sociedade machista; e que te animes a descubrir máis, porque aínda que non queren que se vexan, estiveron, están e estarán aí.

Non queremos ser superiores, queremos ser iguais e só coa divulgación e a educación poderemos rematar con esta epidemia.

Agradecementos:

USE THE “F” WORD:

FEMINISM

Agradecer especialmente a colaboración de Natalia Crecente García, Eva Valle Legido, Faína Manchón González e Esther Muñoz Mella. Sen elas, este pequeno altofalante non podería berrar tan alto.

Preme aquí para descargar o fanzine en formato PDF


Preme nas imaxes para velas a maior tamaño.