Falar de Lugo é falar da nosa muralla, emblema da cidade. Por iso, na VI edición do concurso ‘Acertos e Desastres’, a delegación luguesa do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) quixo poñer o foco neste monumento. Estamos tratándoo como é debido? Que partes ou zonas son fermosas y cales máis que mellorábeis?

Tratábase, a fin de contas, de atopar ‘Acertos e desastres’ en torno á muralla. E iso foi precisamente o que fixeron dous alumnos de fotografía da EASD Ramón Falcón, Andrea Mariz e Marcos López. Cada un deles obtivo un accésit en cada unha das categorías: Andrea fíxoo en ‘Acertos’ cunha foto titulada ‘Simetría’; Marcos en ‘Desastres’ con ‘Estoy aquí’.

Podedes ver ambas imaxes sobre estas liñas. Ademais, Marcos compartiu na súa páxina persoal outras fotos coas que participou no certame.