Na resolución do 29 de abril de 2019 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan as instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás Ensinanzas Superiores de Deseño para o curso 2019/20, na súa disposición décimo terceira punto 4.

“No caso de que quedaren prazas vacantes, a comisión de admisión establecerá un calendario de probas extraordinarias na primeira quincena de setembro e fará públicas as vacantes nas distintas especialidades no taboleiro de anuncios dos centros e nas súas páxinas web. Estas probas realizaranse de acordo co establecido nesta resolución e a adxudicación de prazas resultantes farase pública nas páxinas web das EASD o día 13 de setembro. Os/as aspirantes que obtivesen praza nas probas extraordinarias deberán formalizar a súa matrícula entre os días 16 e 18 de setembro”.

Unha vez rematado o prazo ordinario de matrícula no mes de xullo, e á vista da existencia de 20 prazas vacantes na especialidade de Deseño de Interiores, a Comisión de Admisión establece o calendario das probas de acceso así como a composición do tribunal, segundo se establece a continuación:

CALENDARIO

Inscrición para as probas

  • Poderase formalizar a inscrición para as probas de acceso a Deseño de Interiores directamente nas secretarías das Escolas de Arte e Superior de Deseño. O prazo de inscrición abarcará desde o 2 ata o 6 de setembro, ambos incluídos. O día 6 de setembro publicarase tanto no taboleiro de anuncios da EASD Ramón Falcón de Lugo como na súa páxina web a relación de inscritos nas probas.

Lugar e data da proba

A realización da proba desenvolverase o día 9 de setembro na EASD Ramón Falcón de Lugo, de acordo co o seguinte horario:

  • Primeira Parte. Das 11 ás 13 horas.
  • Segunda Parte. Das 16 ás 20 horas.
    • 1º Exercicio das 16 ás 18 horas.
    • 2º Exercicio das 18 ás 20 horas.

Publicación das cualificacións

  • A publicación das cualificacións provisionais será o día 10 de setembro e publicaranse no taboleiro da escola. Os días 11 e 12 de setembro poderanse presentar reclamacións contra as cualificacións provisionais neste mesmo centro. A publicación das cualificacións defintivas será o día 13 de setembro e publicaranse no taboleiro de anuncios da EASD Ramón Falcón de Lugo.

A matricula deberá realizarse entre os días 16 e 18 de setembro, ambas datas incluídas.

Máis información sobre as probas de acceso e a matrícula en Deseño de Interiores.

COMPOSICIÓN DO TRIBUNAL

O tribunal avaliador da proba será o seguinte:

  • Presidente/a. Esther Muñoz Mella.
  • Vogal 1. Ramón Manuel Cabarcos Rodríguez.
  • Vogal 2. Ramón Irazu Riveira.
  • Vogal 3. Alejandro Carro Rodríguez.