Decidiches estudar un Ciclo Formativo de Grao Superior ou Medio no curso 2017/18? Como sabes, na EASD Ramón Falcón de Lugo tes a oportunidade de matricularte en Fotografía, Cerámica, Gravado e Serigrafía. Hoxe traémosche as datas que debes anotar na túa axenda para completar, paso a paso, o teu acceso aos estudos que escolleras.

Ciclos Formativos de Grao Superior: Fotografía, Cerámica e Gravado

  • Prazo de inscrición nas probas de acceso: desde o luns 12 ata o martes 20 de xuño.
  • Proba de madurez: xoves 29 de xuño desde las 10:00 na EASD Mestre Mateo (Santiago de Compostela). Primeira parte: de 10 a 13 horas. Segunda parte: de 17 a 18 horas.
  • Proba específica: venres 7 de xullo desde as 10:00 na EASD Mestre Mateo (Santiago de Compostela). Primeiro exercicio: de 10 a 11 horas. Segundo exercicio: de 12 a 14 horas. Terceiro exercicio: de 17 a 19 horas.
  • Prazo de matrícula: do 18 ao 26 de xullo.
  • Descarga aquí o formulario de inscrición para as probas de acceso.


Ciclo Formativo de Grao Medio: Serigrafía

  • Prazo de inscrición nas probas de acceso: desde o luns 12 de xuño ata o venres 21 de xullo.
  • Proba de madurez: martes 5 de setembro desde as 10:00 na EASD Ramón Falcón (Lugo). Primeira parte: de 10 a 13 horas. Segunda parte: de 16:30 a 19:30 horas.
  • Proba específica: luns 11 de setembro desde las 10:00 na EASD Ramón Falcón (Lugo). Primeiro exercicio: de 10 a 11 horas. Segundo exercicio: de 12 a 14 horas. Terceiro exercicio: de 17 a 19 horas.
  • Prazo de matrícula: do 18 ao 20 de setembro.
  • Descarga aquí o formulario de inscrición para as probas de acceso.

Se tes algunha dúbida sobre a documentación que precisas, sobre as probas que tes que realizar ou o sobre o seu formato e o contido, podes consultar aquí toda a información.