Ata o próximo venres 7 de setembro podes aproveitar a convocatoria extraordinaria e inscribirte nas probas para acceder a un Ciclo Formativo de Grao Superior no curso 2018/19: Fotografía, Cerámica Artística e Gravado.

O luns 10 de setembro publicaremos nesta mesma web a listaxe de persoas inscritas para ditas probas. A proba específica terá lugar na EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela o martes 11 de setembro: primeiro exercicio entre as 10:00 e as 11:00, segundo exercicio entre as 12:00 e as 14:00 e terceiro exercicio entre as 17:00 e as 19:00.

As cualificacións provisionais publicaranse o xoves 13 de setembro. As definitivas, o sábado 15 de setembro. Os aspirantes que obteñan praza deberán matricularse os días 18 e 19 de setembro na EASD Ramón Falcón de Lugo.

Máis información sobre o acceso aos Ciclos Formativos de Grao Superior