Ata o próximo venres 7 de setembro podes aproveitar a convocatoria extraordinaria e inscribirte nas probas para acceder ás Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño de Interiores no curso 2018/19.

O luns 10 de setembro publicaremos nesta mesma web a listaxe de persoas inscritas para ditas probas. A proba específica terá lugar na EASD Ramón Falcón o mércores 12, con primeira parte entre as 11:00 e as 13:00 e segunda parte (dous exercicios) de 16:00 a 18:00 e de 18:00 a 20:00.

As cualificacións definitivas e a asignación de prazas faranse públicas o venres 14 de setembro. Os aspirantes que obteñan praza deberán matricularse os días 17 e 18 de setembro na EASD Ramón Falcón de Lugo.

Máis información sobre o acceso a Deseño de Interiores

+ Convocatoria extraordinaria: probas de acceso a Fotografía, Cerámica Artística e Gravado
+ Aberto o prazo de inscrición nas probas de acceso a Serigrafía