A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convocou, con carácter extraordinario, probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior de Artes plásticas e deseño nas especialidades con prazas vacantes para o curso 2020-21.

No caso da EASD Ramón Falcón, convócase unha proba de acceso específica para o Ciclo Formativo de Grao Superior de Fotografía. Desta forma, só poderán presentarse aqueles estudantes que non precisen realizar a proba de madureza, por teren bacharelato ou titulación equivalente.

O prazo de inscrición esténdese ata o luns 7 de setembro de 2020. A proba específica realizarase o xoves 10 de setembro na EASD Ramón Falcón de Lugo.

.

– Xoves 10 de setembro: proba específica.
Primeiro exercicio: das 10.00 ás 11.00 horas.
Segundo exercicio: das 12.00 ás 14.00 horas.
Terceiro exercicio: das 17.00 ás 19.00 horas.

– Venres 11 de setembro: Publicación de cualificacións provisionais nas páxinas web das EASD de Galicia e no Portal da Consellería de Educación, Universidade e FP.

– Luns 14 de setembro: Publicación das cualificacións definitivas.

– Martes 15 de setembro: Asignación de prazas nas páxinas web das EASD de Galicia e no portal da Consellería de de Educación, Universidade e FP.

– Xoves 17 e venres 18 de setembro: Matrícula.