A Xunta de Galicia vén de publicar no DOG a convocatoria dos premios fin de carreira de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no ano 2019 en centros públicos de Galicia. Se fuches estudante de Deseño Gráfico ou Deseño de Interiores na EASD Ramón Falcón e finalizaches os teus estudos o ano pasado, pode que teñas interese en presentar a túa candidatura.

  • Concederanse dous premios nas ensinanzas superiores de Deseño. As persoas premiadas recibirán unha dotación económica dun máximo de 3.000 euros e un diploma acreditativo desta distinción.
    .
  • Poderá optar a estes premios o alumnado de ensinanzas artísticas superiores que finalizara os seus estudos no curso 2018/19 e teña unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8,5 puntos.
    .
  • O prazo de presentación de candidaturas finaliza o día 9 de marzo.

Para coñecer a documentación que debes presentar e como debes facerlla chegar á administración, le atentamente as bases da convocatoria.

PREME AQUÍ PARA DESCARGAR AS BASES COMPLETAS DA CONVOCATORIA DOS PREMIOS FIN DE CARREIRA.