A EASD Ramón Falcón de Lugo fai pública a presente convocatoria de solicitudes de axuda para a Mobilidade de Estudantes para Estudos e Prácticas, tanto de Estudos Superiores de Deseño como de Ciclos Formativos de Grao Superior, correspondente ao curso 2019/2020, no marco do Programa Erasmus+ KA103 para calquera país da Unión Europea e asociados.

Este programa desenvólvese grazas á aprobación por parte da Comisión Europea das mobilidades de estudantes e persoal entre países da Unión Europea e asociados, polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE).

O obxectivo da presente convocatoria é a solicitude de axudas para a realización de estancias de estudo en Centros de ensinanza ou ben prácticas durante o curso 2019/2020, por parte do alumnado de Estudos Superiores e Ciclos Formativos de Grao Superior que se imparten na EASD Ramón Falcón de Lugo.

Para poder participar nesta convocatoria os interesados deberán cubrir o formulario do anexo I, dispoñible aquí.


REQUISITOS PARA PARTICIPAR

Poderán participar neste programa os/as alumnos/as que reúnan os seguintes requisitos:

  • Ter nacionalidade ou autorización de residencia válida nun dos países participantes no programa Erasmus+.
  • Estar matriculado na EASD Ramón Falcón de Lugo, en calquera dos Ciclos de Grao Superior e Estudos Superiores, tanto no momento de presentar a solicitude como no momento de realización das Prácticas ou Estudos.
  • Ter superado todos os módulos do primeiro ano dos estudos que se están realizando. En caso de non ter superado todos os módulos académicos, o módulo FCT non será validado por estas Prácticas.
  • Ter superado todas as materias dos catro cursos dos Estudos Superiores excepto as Prácticas Externas e o Proxecto Final ou Integrado.
  • Non ter participado previamente nunha bolsa Erasmus para prácticas en empresas.
  • Xustificar que se ten o nivel necesario do idioma empregado na empresa de destino.
    Para ser elixible para unha práctica Erasmus+ é obrigatorio un nivel de proba B1 (inglés, francés, alemán, italiano ou idioma do país) ou demostrar o coñecemento destes idiomas. A acreditación realizarase engadindo á solicitude calquera das certificacións que eximan da proba.

EXPEDIENTE ACADÉMICO

Valorarase de 0 a 10.

PROBA DE IDIOMA

As persoas que non teñan a acreditación de lingua estranxeira en nivel B1 para participar na práctica Erasmus farán probas escritas, de escoita e oral. Valoración de 0 a 10.

ENTREVISTA PERSOAL

Aqueles alumnos que soliciten estas estadías deberán presentar un Curriculum Vitae Europass, así como un porta folio cos seus traballos, para a súa avaliación polo Tribunal de selección.

O Tribunal poderá descartar aquelas solicitudes que de maneira xustificada estime oportuno.