Hoxe, 24 de outubro, celebramos a festividade de San Antonio María Claret, patrón das Ensinanzas Artísticas. E como cada ano, na EASD Ramón Falcón aproveitamos a efeméride para celebrar a nosa ‘Conexión’, a tradicional festa de inicio de curso. Neste 2017 o evento terá lugar o xoves 26 de outubro desde as 19:00.

A esa hora inauguraremos a exposición cos proxectos de fin de carreira do curso pasado do alumnado de todas as titulacións, Deseño Gráfico, Deseño de Interiores, Fotografía, Cerámica, Gravado e Serigrafía. A continuación anunciaremos os gañadores do Premio Extraordinario e o Accésit.

Por suposto, a festa terá despois a súa nota musical, nesta ocasión a cargo do grupo ‘Carta de Ajuste’. Invitámosche a descargar aquí o seu dossier para saber máis sobre eles e a súa proposta. Para finalizar a tarde, profesorado e alumnado actual e de cursos anteriores, xunto a persoal non docente, compartiremos un ágape na cafetería da escola.

Que non falte ninguén!