Conecta Conecta

Que veñen curvas! Xornadas de arte e deseño febreiro 2019

Uqui Permui

Deseño gráfico

A gráfica imaxinaria

Uqui Permui é directora creativa do estudo multidisciplinar de deseño e comunicación visual uqui.net. É socia fundadora da asociación galega de deseñadores DAG e representante desta asociación en READ. Traballa en procesos e prácticas vinculadas á esfera da edición contemporánea, tanto en papel como en formato web ou audiovisual

A tecnoloxía, internet e as redes sociais, aínda que non o pareza, son moi recentes, tamén a forma de visibilizar as ideas no deseño gráfico. Ata hai pouco máis de trinta anos, o proceso de formalización dun traballo gráfico facíase principalmente a man, con axuda de máquinas que resolvían só unha parte do proceso. Este proceso manual permite darnos conta de importantes pasos que por medio dos computadores resúltannos imperceptíbeis.

Primeiramente analizaremos como se pode deseñar sen necesidade de computador, de feito, na época previa á irrupción do computador, deuse un momento moi potente que se identifico co “boom” do deseño en España, como se pode ver na mostra organizada polo Museo do Disseny de Barcelona “Deseñas ou traballas?”. A continuación, desenvolveremos unha práctica, onde trataremos de descubrir o pracer da idea, e como convertela en realidade sen computadores.

Obradoiro

Mércores 27 de febreiro

10:00h - 14:00h Aula 5 escola de arte