Conecta Conecta

Que veñen curvas! Xornadas de arte e deseño febreiro 2019

María Sortino

Deseño de interiores

Cun extenso currículo formativo as súas costas, María Sortino investiga a relación entre o deseño de interiores comerciais e o deseño gráfico para novos dispositivos de dixital signage. Colabora como deseñadora co Estudo de Arquitectura Materia e Luz. É coordinadora académica e profesora para o Máster en Arquitectura e deseño de interiores da Universidade de Salamanca. Conta con colaboracións con institucións nacionais e internacionais como a Escola de artes e letras de Bogotá e A Universidade Cecilio do Val Tegucigalpa, A Universidade de Sevilla e a plataforma de formación Whetu.

Conferencia
Retail: creatividade e realidade comercial

Como enfrontarse a un proxecto de interiores comerciais baixo un concepto creativo que modifique o espazo traducindo nas tres dimensións o concepto de marca sen esquecerse da realidade comercial.

Obradoiro
Full immersion retail

Taller no que ao longo de 4 horas e de maneira interdisciplinar traballarase sobre o concepto e a realización dun micro espazo de Retail.

Conferencia

Mércores 27 de febreiro

19:00h O vello cárcere

Obradoiro

Xoves 28 de febreiro

10:00h - 14:00h Biblioteca escola de arte