Conecta Conecta

Que veñen curvas! Xornadas de arte e deseño febreiro 2019

Fabiola Gil

Gravado

Introducción á xilografía xaponesa - mokuhanga

A carreira de Fabiola Gil pasou pola escultura, o gravado e a estampaxe, a conservación e restauración, e a docencia das artes plásticas. Actualmente céntrase na técnica do mokuhanga de xilografía xaponesa, a cal perfeccionou nas súas viaxes a Inglaterra e Xapón.

Con esta actividade preténdese realizar, en primeiro lugar, un achegamento á técnica da xilografía xaponesa mokuhanga, a través dun percorrido pola historia e os seus autores. Doutra banda, realizarase un achegamento ao proceso de estampaxe desta técnica no que os asistentes terán a oportunidade de estampar varias xilografías segundo o proceso tradicional: usando pigmentos a base de auga, co seu particular sistema de rexistro (kentos) e o uso do baren (ferramenta de man que se utiliza para imprimir).

Conferencia

Luns 11 de febreiro

10:00h Salón de actos escola de arte

Obradoiro

Luns 11 de febreiro

11:30h - 15:00h Aula 15 escola de arte