Co mes de abril chega Conecta, as xornadas de arte e deseño que organiza a EASD Ramón Falcón. Desde o xoves 12 e ata o martes 24 teremos a oportunidade de asistir a relatorios ofrecidos por referentes en distintas áreas temáticas, así como a algúns obradoiros guiados por eles mesmos.

O estudio Cenlitrosmetrocadrado, Isabel Somoza, Monchi Pedreira, Miguel Vázquez, Xurxo Lobato e Susana Blasco integran o programa da presente edición de ‘Conecta’. Con eles falaremos sobre todas as disciplinas relacionadas cos estudos que se imparten na escola: Deseño de Interiores, Gravado, Serigrafía, Deseño Gráfico, Cerámica e Fotografía.

O programa de ‘Conecta’, así como os horarios e as localizacións de todos 0s eventos, pode consultarse na web oficial das xornadas, conecta.escoladeartelugo.com. Tamén podes descargalo aquí en formato PDF.