Ante a prolongación do estado de alarma, o calendario fixado para os exames das convocatorias ordinaria e extraordinaria das Ensinanzas Superiores de Deseño de Interiores e Deseño Gráfico queda suspendido ata novo aviso.

Isto non significa que os exames queden cancelados. Porén, resulta imposible polo momento determinar novas datas de realización das probas.

Publicarase un novo calendario cando se reciban instrucións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia.