Se es unha empresa pertencente a algún dos sectores relacionados cos estudos que se imparten na EASD Ramón Falcón e buscas candidatos para cubrir algunha vacante, podes publicar as túas ofertas de emprego na nosa páxina web.

Só tes que enviar un correo electrónico a info@escoladeartelugo.com. No asunto do email deberás escribir ‘Oferta de emprego’ e engadir esta información:

  • Nome e web da empresa
  • Denominación breve do posto a cubrir
  • Explicación breve das tarefas a realizar
  • Ligazón á oferta de emprego ampliada
  • Data de finalización do proceso de selección 
    *Nota: as ofertas serán eliminadas automaticamente da web tres semanas despois da súa publicación, se non se indicase unha data anterior.

Por exemplo:

ASUNTO: Oferta de emprego

Deseño Gráfico SL – www.desenograficosl.com
Deseñador gráfico a xornada completa
Deseño e creación de pezas gráficas tanto impresas como dixitais. Deseño corporativo e de branding. Preparar artes finais para imprenta. Tarefas de postimpresión.
http://www.disenograficosl.com/ofertadeemprego
Ata o 30/06/2018

Podes ver aquí as ofertas de emprego publicadas. Tamén podes botar un ollo aos currículos do alumnado.