Finalizado o verán, na EASD Ramón Falcón xa temos todo preparado para o inicio do curso 2019/20. Nos próximos días os corredores e as aulas da escola volverán encherse de vida, cos estudantes que continúan o seu camiño e con aqueles que se incorporan para comezar os seus estudos.

O luns 16 de setembro será a xornada de presentación de todos os cursos de Deseño Gráfico e Deseño de Interiores. Ás 10:00 terá lugar o acto de benvida no Salón de Actos. A continuación, ás 11:00, o alumnado tomará contacto cos titores e titoras de cada curso nas seguintes aulas:

1º Deseño de Interiores: Aula 12.
2º Deseño de Interiores: Aula 13.
3º Deseño de Interiores: Aula 14.
4º Deseño de Interiores: Aula 7.

1º Deseño Gráfico Aula 9.
2º Deseño Gráfico Aula 5.
3º Deseño Gráfico Aula 11.1.
4º Deseño Gráfico Aula 6B.

Ademais, ás 12:00 no Salón de actos celebrarase a presentación do Programa Erasmus co Coordinador de Programas Internacionais para o alumnado interesado. E ás 13:00, no mesmo lugar, a Xefa do Departamento de Relación con Empresas e os titores e titoras das Prácticas presentarán o procedemento de realización das Prácticas Externas.

  • As clases para o alumnado de Deseño Gráfico e Deseño de Interiores comezarán o martes 17 de setembro, atendendo aos horarios que estarán dispoñibles na web e os taboleiros da escola.

O martes 17 de setembro chegará a presentación dos alumnos de Fotografía, Cerámica Artística, Gravado e Serigrafía Artística. Ás 10:00 xuntarémonos no Salón de Actos para a benvida. Despois, ás 11:00, celebraranse as primeiras reunións entre alumnado e titores, nas seguintes aulas:

Serigrafía: Aula 18 (obradoiro de serigrafía)
1º Gravado: Aula 15 (obradoiro de gravado)
2º Gravado: Aula 6B
1º Fotografía: Aula 11.1
2º Fotografía: Aula 11.4
1º Cerámica: Aula 17 (obradoiro de cerámica)
2º Cerámica: Aula 6A

Ás 12:00 terá lugar no Salón de Actos, a cargo do Coordinador de Programas Internacionais, unha reunión informativa co alumnado interesado no Programa Erasmus. Ás 13:00, no mesmo Salón de Actos, celebrarase a reunión do alumnado coa Xefa do Departamento de Relación con Empresas e titores/as de FCT.

  • As clases para o alumnado de Fotografía, Cerámica Artística, Gravado e Serigrafía Artística comezarán o mércores 18 de setembro, atendendo aos horarios que estarán dispoñibles na web e os taboleiros da escola.