Finalizado o verán, na EASD Ramón Falcón xa temos todo preparado para o inicio do curso 2018/19. Nos próximos días os corredores e as aulas da escola volverán encherse de vida, cos estudantes que continúan o seu camiño e con aqueles que se incorporan para comezar os seus estudos.

O venres 14 de setembro será a xornada de presentación de todos os cursos de Deseño Gráfico e Deseño de Interiores. Ás 09:30 terá lugar o acto de benvida no Salón de Actos. A continuación, ás 10:00, o alumnado tomará contacto cos titores e titoras de cada curso nas seguintes aulas:

1º Deseño Gráfico: Aula 9.
2º Deseño Gráfico: Aula 5.
3º Deseño Gráfico: Aula 11.1.
4º Deseño Gráfico: Aula 6B.

1º Deseño de Interiores: Aula 12.
2º Deseño de Interiores: Aula 13.
3º Deseño de Interiores: Aula 14.
4º Deseño de Interiores: Aula 7.

Ademais, ás 11:00 celebrarase unha reunión dos titores e titoras da Formación en Centros de Traballo e a Coordinadora co alumnado, na Aula 9 para Deseño Gráfico e na Aula 7 para Deseño de Interiores. Nesas mesmas aulas terá lugar ás 12:00 unha nova reunión, con presencia de titores, titoras, alumnado e membros do tribunal do Traballo de Fin de Estudos. Por último, desde as 13:00 no Salón de Actos os estudantes poderán reunirse co Coordinador de Erasmus do centro.

O luns 17 de setembro chegará a presentación dos alumnos de Fotografía, Cerámica Artística, Gravado e Serigrafía Artística. Ás 09:30 xuntarémonos no Salón de Actos para a benvida. Despois, ás 10:00, celebraranse as primeiras reunións entre alumnado e titores, nas seguintes aulas:

Serigrafía: Aula 18 (obradoiro de serigrafía)
1º Gravado: Aula 15 (obradoiro de gravado)
2º Gravado: Aula 6B
1º Fotografía: Aula 11.1
2º Fotografía: Aula 11.4
1º Cerámica: Aula 17 (obradoiro de cerámica)
2º Cerámica: Aula 6A

Ás 11:00 terán lugar as reunións cos titores e titoras do proxecto final (TFE). Será na Aula 18 para o alumnado de Serigrafía, na aula 6B para o de segundo curso de Gravado, na aula 11.4 para o de segundo de Fotografía e na aula 6A para os estudantes de segundo de Cerámica. Ás 12:00, nas mesmas aulas, celebrarase a reunión de alumnado e titores da Formación en Centros de Traballo. E por último, ás 13:00 no Salón de Actos, haberá unha reunión informativa entre o alumnado e o coordinador de programas internacionais.

As clases comezarán o martes 18 de setembro. Xa podes consultar os horarios de todos os cursos de cada unha das titulacións:

Deseño Gráfico
Deseño de Interiores
Fotografía
Cerámica Artística
Gravado
Serigrafía Artística