Vanesa Abraldes, Tania F. de Soto Esteban, Andrea Parapar, Javier Rey, Paula Seijas, Sara Rodríguez e Marcos López foron os alumnos que achegaron as súas fotografías para este almanaque solidario, que foi presentado o pasado venres 27 de novembro na sala de exposicións do noso centro.

O acto foi dirixido por Javier García, presidente da Sociedade Protectora luguesa, que quixo agradecer o esforzo e o apoio dos profesores e alumnos da EASD Ramón Falcón. Pola súa parte, Alejandro Carro, vicedirector da escola, recordou o compromiso que o centro mantén con todas as entidades sociais da cidade que precisen da súa colaboración.

O almanaque solidario ten un custo de 5 euros e podes conseguilo nos seguintes puntos:

  • Secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón (Paseo dos Estudantes 31, Lugo).
  • Albergue da Sociedade Protectora de Animales (Codesido, s/n. Muxa, Lugo).
  • Hospital Veterinario Universitario ‘Rof Codina’ (Recepción/Admisión, Lugo).
  • Farmacia de Miriam Pérez  (Alfonso X O Sabio, 11, Lugo).
  • Prensa A Tolda (Alfonso X O Sabio, 1-Bajo, Lugo).
  • BIT Lugo (Rúa Ourense, 60-Baixo, Lugo).
  • Ferretería HVM (Avda. de Madrid, 21-Bajo, Lugo).
  • Recepción do Hotel Santiago (Ctra. de Santiago, km. 3,2, Lugo).
  • Centro Veterinario Castro (Praza de Galicia, 10, Castro Riberas de Lea, Castro de Rei.
  • Cervezoteca A Tinería (Rúa do Miño, 32, Lugo).
  • Devorak 2.0 (Bispo Basulto, 10, Lugo).
  • Xoiaría Honorino Freire (Rúa da Cruz, 15, Lugo).
  • La Tasca (Rúa da Cruz, 3, Lugo).
  • O Pote (Miño 11, Lugo).
  • Ortopedia Praza Ferrol (Praza Ferrol 6 e 10, Lugo).
  • Restaurante Antas (Miño, 3, Lugo).
  • Restaurante Bulló Xantar (Rúa da Cruz, 8, Lugo).
  • Restaurante Tosar (Praza Do Campo, 8, Lugo).
  • Restaurante Verruga (Rúa da Cruz, 12, Lugo).
  • Don León (Rúa Conde Pallarés, 14, Lugo).
  • Estanco(Rúa de San Pedro 8, Lugo).