Ben sabedes que o único que nos gusta tanto como os traballos dos nosos alumnos e alumnas, é compartir eses traballos neste blog e nas nosas contas nas redes sociais. Por iso quixemos facer unha pequena compilación dalgúns dos vídeos dos estudantes de Fotografía que levamos publicado neste tempo. Se non viches algún no seu momento, terás a oportunidade de facelo agora nun único post.

 

1. Matar a un Lobo Feroz

Que pasaría se Carapuchiña Vermella e un dos Tres Porquiños se aliasen contra o Lobo Feroz? Cambiaría o conto! Compróbao con ‘Matar a un Lobo Feroz’, unha curtametraxe en stopmotion de Olaya Mourenza e Alba Regueiro, alumnas do primeiro curso de Fotografía na EASD Ramón Falcón de Lugo.

 

2. ¡Dadme el silencio!

Non deixedes de botar unha ollada a este proxecto de Alexandra Dmitrieva, alumna de Fotografía na nosa escola durante o curso 2014/15. Está inspirado na poesía de Gloria Fuertes e o seu título é ‘¡Dadme el silencio!’. Parabéns polo traballo, Aleksandra!

 

3. SPELL

Deixámosvos con ‘SPELL’, unha curtametraxe presentada como proxecto final por Viktor Suarez, alumno de Fotografía. En dúas palabras: vaivos encantar!

 

4. Doble Exposición

‘Doble exposición’ é o proxecto de fin de estudos de Raquel Aguirre González, alumna de Fotografía na EASD Ramón Falcón de Lugo. Seguro que vos impresionan as fermosísimas que inclúe.

 

5. Lugo – Noche y día

Queres percorrer Lugo de noite e de día en 185 segundos? Podes facelo grazas ao filme ‘Lugo, noche y día‘, de Jaime Pardo Valdés, alumno da nosa escola. Nada menos que 4.625 fotografías feitas para o seu proxecto final. Preme o play e goza con estas incribles imaxes!