Categories: Titulacións

Como probablemente saibas, o prazo de inscrición nas probas de acceso ao ciclo formativo de grao superior de Fotografía está aberto ata vindeiro 17 de xuño. A proba de madureza será o 26 de xuño e a proba específica terá lugar o 9 de xullo; as dúas realizaranse na EASD Mestre Mateo (Santiago de Compostela). Se superas aquela ou aquelas ás que precises presentarte poderás formalizar a túa matrícula na EASD Ramón Falcón de Lugo para o curso 2015/16.

O mundo da fotografía é, sinxelamente, apaixonante. Por moito que avancen tanto a técnica como a tecnoloxía, sempre queda espazo para innovar, para continuar aprendendo. Tamén é unha disciplina dura e esixente, mais cremos que as satisfaccións persoais e profesionais que proporciona xustifican todos os sacrificios que require; e por iso hai centos de motivos para facer o ciclo superior de Fotografía na nosa escola. Polo de agora, deixámoste algúns deles aquí:

  1. Sempre haberá traballo para un fotógrafo. Isto non quere dicir que sempre sexa sinxelo atopalo, pero… imaxinas un mundo sen fotos? Verdade que non? Entón tampouco é imaxinábel un mundo sen fotógrafos.
    .
  2. Fotografía = liberdade. Está claro que en moitos casos terás que seguir as indicacións dun cliente, pero estraña é a ocasión na que non haxa algún espazo para a túa creatividade. E iso por non falar da liberdade de movementos: se te gusta máis viaxar que pasar o día nunha oficina, esta é unha carreira ideal para ti.
    .
  3. Aínda que a profesión de fotógrafo teña moito de autoaprendizaxe a través da experiencia persoal, nada como partir da sólida base que achega unha formación de calidade. Pode que todo o mundo teña unha cámara no peto hoxe en día, pero hai cousas que só un profesional é quen de facer. E podes telo claro: o verdadeiro talento sempre acaba por abrirse camiño no mundo da fotografía.
    .
  4. Na EASD Ramón Falcón de Lugo aprenderás moito máis que fotografía. Formarás parte dunha comunidade artística ampla, con presencia de varias disciplinas; algo que ademais te permitirá establecer contactos de enorme utilidade para o teu futuro profesional.
    .
  5. Non esquezas que se estudas na nosa escola terás garantidas prácticas en empresas; e que a miúdo, son estas mesmas empresas as que contactan coa escola na procura de profesionais para os seus equipos.

Xa tes ganas de comezar? Pois non lle deas máis voltas e consulta a información para inscribirte nas probas de acceso. E se tes algunha consulta ou dúbida, deixa un comentario neste mesmo post, chámanos por teléfono ao 982 220 790, ou escríbenos un correo electrónico.