O 24 de outubro é unha data sinalada na EASD Ramón Falcón de Lugo. É a festividade de San Antonio María Claret, patrón das Ensinanzas Artísticas. A tradición marca que nesa semana celebremos a nosa ‘Conexión’, a festa de inicio de curso. Nesta ocasión o evento terá lugar o xoves 25 de outubro a partir das 19:00.

Esa será a hora á que quede inaugurada a exposición cos proxectos de fin de carreira do curso pasado do alumnado de todas as titulacións. Xusto despois anunciaremos os gañadores do Premio Extraordinario e o Accésit.

Como sempre, a fiesta terminará con música e animación. Despois do éxito do pasado curso, volveremos contar co grupo ‘Carta de Ajuste’. Se non os coñeces, podes descargar aquí o seu dossier. A tarde finalizará cun ágape na cafetería da escola, con presencia de profesorado e alumnado actual e de cursos anteriores, ademais de persoal non docente do centro.

Vémonos na Conexión!