O pasado xoves 24 de outubro foi un día moi especial na EASD Ramón Falcón de Lugo. Aproveitando a festividade de San Antonio María Claret celebramos ‘Conexión’, a nosa festa de inicio de curso. Como cada ano, este evento serve para reunir na escola a profesorado, alumnado e persoal non docente.

Comezamos coa entrega dos premios correspondentes ao curso 2018/19.

  • Premio extraordinario Ensinanzas Superiores de Deseño: María Lagarón Real (Deseño Gráfico).
  • Premio extraordinario Ciclo Formativo de Grao Superior: Evelin Ruíz Crego (CFGS Fotografía).
  • Premio extraordinario Ciclo Formativo de Grao Medio: Aníbal Balbona Sánchez (CFGM Serigrafía).
  • Mención de Honra á Creatividade e a Innovación: Sofía Pérez López (Deseño de Interiores).

A continuación quedou inaugurada a exposición con traballos do alumnado, que xa está dispoñíbel para visitantes na EASD Ramón Falcón.

Para culminar a xornada, compartimos un ágape na cafetería da escola, amenizado cunha selección musical a cargo de Charly DJ. Sobre estas liñas podedes ver algunhas fotografías da tarde do 24 de outubro.