O salto do mundo académico ao mercado laboral non sempre resulta sinxelo. Axudar ao noso alumnado a dar ese paso é un dos obxectivos que cada curso nos marcamos na EASD Ramón Falcón de Lugo; e este ano propuxémonos avanzar un pouco máis nesa dirección. Por iso decidimos abrir na nosa web unha BOLSA DE TRABALLO que facilite ás empresas contactar cos nosos alumnos e ex alumnos.

Se estudas ou estudaches na nosa escola e queres formar parte da bolsa de traballo, só tes que enviar un correo electrónico a info@escoladeartelugo.com. No asunto do email deberás escribir ‘Bolsa de traballo’, engadir a titulación que cursaras e, entre paréntese, o ano no que finalizaras os teus estudos. Escribe ‘2017’ se estás matriculado no curso actual.

No corpo do correo deberás escribir o teu nome e apelidos, unha frase breve que defina o teu perfil profesional e, moi importante, engadir unha ligazón que permita ás empresas poñerse en contacto contigo. Pode ser a túa web persoal, o teu perfil en LinkedIn, un currículo que teñas compartido en Internet… o que prefiras.

Por exemplo:

ASUNTO: Bolsa de traballo Deseño Gráfico (2015)

Xosé Gómez Gómez
Director de Arte, especialista en campañas publicitarias
Web persoal: www.josegomezgomez.com

Durante os próximos días activaremos nesta web a bolsa de traballo. Se envías os teus datos a info@escoladeartelugo.com, o teu perfil estará dispoñible desde o primeiro momento para todas as empresas que adoitan contactar coa escola. A que esperas?