FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA

As normas de funcionamento pódense consultar na guía da biblioteca.

Preme aquí para consultar a Guía da Biblioteca.


FONDOS E ORGANIZACIÓN DA BIBLIOTECA

1. Consideracións xerais

Os fondos da biblioteca da EASD Ramón Falcón están formados por máis de 3.600 rexistros bibliográficos.

A biblioteca estará dividida en sete seccións. Cada especialidade que se imparte na escola contará cunha sección propia, máis unha sección xeral, onde se situarán os libros de coñecemento xeral ou ben con contidos transversais.

As seccións son as seguintes:

  • DESEÑO GRÁFICO (DGR)
  • DESEÑO INTERIORES (DIN)
  • FOTOGRAFÍA (FOT)
  • CERÁMICA (CER)
  • GRAVADO (GRA)
  • SERIGRAFÍA (SER)
  • XERAL (XER)

 

Dentro de cada sección, os fondos bibliográficos estarán organizados en subseccións. Son as seguintes:

SECCIÓN DESEÑO GRÁFICO

  • DGR EDI Deseño editorial
  • DGR GRA Gráfica aplicada aos espazos
  • DGR HIS Historia
  • DGR ICO Identidade corporativa
  • DGR INT Deseño interactivo
  • DGR MON Monografías (autor/proxecto/tema)
  • DGR PAC Packaging
  • DGR PUB Publicidade
  • DGR TEO Teoría
  • DGR TIP Tipografía
  • DGR REC Recompilatorios da especialidade: anuarios, revistas, catálogos, exposicións…
  • DGR TFE Traballos fin de estudos Deseño Gráfico


SECCIÓN DESEÑO INTERIORES

  • DIN CON Materiais e construción
  • DIN DEB Debuxo arquitectónico
  • DIN EFE Efémera
  • DIN HIS Historia
  • DIN INS Instalacións
  • DIN XAR Xardinería
  • DIN MOB Mobiliario
  • DIN MON Monografías (autor/proxecto/tema)
  • DIN NOR Normativa
  • DIN TEO Teoría
  •  DIN REC Recompilatorios da especialidade: anuarios, revistas, catálogos, exposicións…
  • DIN TFE Traballos fin de estudos Deseño Interiores


SECCIÓN FOTOGRAFÍA

  • FOT HIS Historia da fotografía
  • FOT MON Monografías (autor/proxecto/tema)
  • FOT TEC Técnica
  • FOT TEO Teoría
  • FOT REC Recompilatorios da especialidade: anuarios, revistas, catálogos, exposicións…
  • FOT PI Proxectos integrados Fotografía


SECCIÓN CERÁMICA

  • CER HIS Historia da cerámica
  • CER MON Monografías (autor/proxecto/tema)
  • CER TEC Teoría e técnica
  • CER VOL Volume
  • CER REC Recompilatorios da especialidade: anuarios, revistas, catálogos, exposicións…
  • CER PI Proxectos integrados cerámica artística

SECCIÓN GRAVADO

  • GRA HIS Historia do gravado
  • GRA MON Monografías (autor/proxecto/tema)
  • GRA TEC Teoría e técnica
  • GRA REC Recompilatorios da especialidade: anuarios, revistas, catálogos, exposicións…
  • GRA PF Proxectos finais Gravado


SECCIÓN SERIGRAFÍA

  • SER HIS Historia da serigrafía
  • SER MON Monografías (autor/proxecto/tema)
  • SER REC Recompilatorios da especialidade: anuarios, revistas, catálogos, exposicións…
  • SER TEC Teoría e técnica
  • SER OF Obras finais Serigrafía                     


SECCIÓN XERAL

  • XER ATL Átlas
  • XER DIC Dicionarios (arte, deseño e linguas)
  • XER ENC Enciclopedias (coñecemento xeral)
  • XER INF Informática (manuais de software)
  • XER LEX Lexislación e orientación laboral
  • XER CIE Ciencias aplicadas ás artes (matemáticas, física, química) 
  • XER COM Teoría da comunicación
  • XER EMP Empresa e mercadotecnia
  • XER AMO Historia da arte (enciclopedias, monográfico)
  • XER ATE Teoría e técnicas da arte
  • XER ILU Ilustración (álbums, comic…)
  • XER ESC Escultura
  • XER DES Deseño (xeral)
  • XER AAP Artes aplicadas (forxa, madeira, pedra, etc)
  • XER DEB Debuxo (manuais)
  • XER DTC Debuxo técnico (manuais)
  • XER AUD Audiovisual (manuais, monográficos e recompilatorios relacionados co cine e o video, películas…)
  • XER LIT Literatura (galego e castelán)
  • XER HIS Historia (Escolas de arte, España, Galicia, mundial)
  • XER MUL Multimedia arte
  • XER CDL CD de libros
  • XER REC Recompilatorios: anuarios, revistas, catálogos, exposicións, guías…
 


2. 
Identificación dos documentos

Todo documento levará dúas etiquetas identificativas:

A- na contraportada: etiqueta co número de rexistro e un código de barras asociado:

O número de rexistro (ex. 1634) é exclusivo para cada exemplar. No caso de haber máis dun exemplar do mesmo documento, deberán levar números de rexistro diferentes.

B- no lombo: etiqueta ca signatura:

A signatura consta de tres partes:

Signatura 1: as tres primeiras letras da sección máis as tres primeiras letras da subsección

DIN TEO
DIN: sección Deseño Interiores
TEO: subsección Teoría

Signatura 2: as tres primeiras letras, en maiúscula, do apelido da autora ou do autor. En caso de que non estea determinado, ou de que existan varias autoras ou autores, este campo quedará baleiro.

BEN: autor Leonardo Benévolo

Signatura 3: as tres primeiras letras, en minúscula, do título do documento, eliminando artigos e preposicións.

his: título “Historia de la arquitectura moderna”.

 
DISTRIBUCIÓN DA COLECCIÓN NA SALA

As seccións das especialidades estarán situadas nas vitrinas da pranta baixa. A maioría da sección xeral estará situada nas vitrinas da planta primeira.
Preme aquí para acceder ao plano da biblioteca coas seccións e subseccións.

Dentro de cada subsección, os documentos ordearanse alfabéticamente pola segunda signatura.

En caso de que coincida (porque haxa varios documentos do mesmo autor, ou varios autores cuxo apelido comece do mesmo xeito), ou ben en caso de que estea baleira, pasaremos a ordenar os fondos segundo a terceira signatura.

Os documentos que non teñan segunda signatura (segundo campo baleiro), colocaranse ao final da subsección, e ordenaranse tamén alfabéticamente segundo a terceira signatura.


COMO CONSULTAR EN MEIGA?

A biblioteca da escola pertence a Rede Meiga (Rede de bibliotecas de Galicia).

Todo o catálogo da biblioteca pódese consultar a través da páxina web do Proxecto Meiga, no que se facilita o acceso online á Rede de Bibliotecas de Galicia.

Preme aquí para acceder ao catalogo online da escola (Proxecto Meiga).

Unha vez que entramos na nosa biblioteca, podemos decidir facer unha procura Simple ou unha Avanzada.

Na procura simple temos 3 posibilidades: buscar por Lista alfabética, Frase ou texto ou ben por Frase exacta. En cada unha delas podemos optar por Título, Autor, Materia, Clasificación Decimal Universal (CDU), etc…

Antes de nada, tedes que saber que:

-Non fai falta poñer maiúsculas nin acentos.

-Se buscamos por Título hai que saber exactamente como empeza o título da obra (sen artigo inicial).

-Se buscamos polo Autor, introdúcese só o apelido.

Os resultados da busca ordenaranse alfabéticamente. Cando hai máis de 10 resultados, pódese pasar a páxina premendo sobre os números que aparecen no extremo superior dereito do listado.

Para acceder á procura avanzada farase clic na ligazón que hai na barra lateral esquerda.

Esta procura permite realizar consultas por varios campos (por exemplo, autor e título simultáneamente) e dentro de cada campo pódense introducir varios termos. As opcións de procura que nos interesan son Autor e Título.

Para localizar o libro na biblioteca haberá que guiarse pola clave de localización que se indica no resultado de búsqueda e que está rotulada nas vitrinas que lle corresponde.

Por exemplo: Localización: DIN TEO/BEN/his

Atoparase en:

A sección DESEÑO DE INTERIORES indicado na parte superior das vitrinas correspondentes, nos estantes de DIN TEO rotulado na vitrina correspondente a DESEÑO DE INTERIORES – TEORÍA.

Dentro de cada sección e apartado os libros están por orde alfabética de autor BEN (sempre en maiúscula) e o título his (sempre en minúscula).

Preme aquí para acceder ao plano da biblioteca coas seccións e subseccións.