Un ano máis, a Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo está en marcha. O curso 2016/17 xa comezou; e con el volve a actividade aos nosos corredores e ás nosas aulas, cos alumnos e os profesores que continúan e os novos que veñen de incorporarse ao centro.

No apartado da web Alumno > Horarios de clases, ao que podedes acceder empregando o menú da parte superior da páxina, xa están dispoñibles os horarios de todas as titulacións: Deseño Gráfico, Deseño de Interiores, Fotografía, Cerámica, Gravado e Serigrafía. Podedes consultalos online ou descargalos en formato PDF para telos sempre a man.

Ademais, os alumnos de Deseño Gráfico e Deseño de Interiores tamén podedes consultar, navegando polo mesmo menú, os horarios dos exames aos que deberedes presentarvos nas distintas convocatorias. Como os horarios das clases, están dispoñibles na páxina e en formato PDF para a súa descarga.

Nos próximos días publicaremos máis información de interese para alumnos, ex-alumnos e futuros alumnos da escola, con algunhas novidades que vos resultarán de gran utilidade. Por suposto, durante o curso 2016/17 actualizaremos este blog con noticias sobre todo o que acontece no centro. Estás convidado tamén a seguirnos en Facebook, Twitter e Instagram para estar sempre conectado coa túa escola.