En aplicación das instrucións ditadas o venres 13 de marzo pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en relación co COVID-19 respecto da atención ao alumnado, a EASD Ramón Falcón dispón as seguintes medidas para facilitar a continuidade do proceso de aprendizaxe do alumnado fóra do ámbito escolar:

  • As comunicacións da EASD Ramón Falcón coa comunidade educativa realizaranse a través do correo electrónico ao enderezo escola.arte.ramon.falcón@edu.xunta.gal
    .
  • O profesorado elaborará propostas de actividades a realizar mediante ferramentas e medios telemáticos (correo electrónico, aula virtual, videoconferencias, etc.) para que o alumnado continúe co seu proceso educativo desde os seus domicilios. Ditas propostas serán comunicadas ao propio alumnado polo profesorado implicado.