O I Encontro de Artistas Novos Cidade de Lugo celebrouse entre o 19 e o 21 do pasado mes de setembro, nas instalacións do Vello Cárcere. Nesta primeira edición do evento os participantes foron David Catá, Sabela Eiriz, Basilia Fiestras, Gema López e Iván Mouronte, artistas galegos menores de 35 anos. Durante eses tres días viviron nas celas do primeiro piso r crearon unha obra en directo. Ademais, durante o encontro ofreceuse ao público unha exposición individual de cada un deles.

O alumnado de segundo curso de Gravado da EASD Ramón Falcón visitou O Vello Cárcere o 20 de setembro. Os estudantes puideron coñecer, a través das explicacións dos artistas, como levaron a cabo algúns dos seus proxectos. Tamén houbo tempo para gozar das obras expostas.

Sobre estas liñas podedes ver algunhas imaxes da visita.