O pasado 19 de outubro, o profesor Ramón Cabarcos acompañou ao alumnado de terceiro curso de Deseño de Interiores a unha xornada sobre Deseño Interior en espazos comerciais e hoteleiros. Un evento organizado no Hotel NH Finisterre da Coruña polo Grupo Evetson, dentro das Xornadas Proarquitectura.

Iván Cotado, Ana López, Enrique Quiros, Loli Moroño, Óscar Santomé, Elena Sarmiento, Iago Castrillón, Lidya Rivadulla, Pablo Crespo e Lucas Díaz foron as voces autorizadas que interviñeron para tocar unha ampla variedade de temas.

Falouse de acabados de deseño e calidade para o interiorismo comercial, de branding e deseño emocional e do contraste entre os modernos centros comerciais e o comercio tradicional. Neste último apartado analizouse a perda de identidade das cidades que causan os novos modelos comerciais, ao tempo que se sinalaron os beneficios da rexeneración dos espazos tradicionais.