En tres sesións, celebradas os días 22, 23 e 29 de maio, o alumnado do CFGS de Cerámica Artística da EASD Ramón Falcón de Lugo participou nun obradoiro de matricería cerámica. A encargada de impartilo, na aula 16 da escola, foi Marta Fernández Núñez.

Os alumnos elaboraron unha matriz a partir dunha tarraxa xa previamente realizada que, por rotación sobre escaiola, xerou unha superficie ou un corpo xeométrico determinado. Cos moldes feitos a partir desta matriz puideron realizar multitude de reproducións da mesma. Sobre estas liñas podes ver algunhas fotografías tomadas durante o obradoiro.