O pasado 26 de novembro, estudantes de Cerámica Artística, Deseño de Interiores e Deseño Gráfico da EASD Ramón Falcón de Lugo desprazáronse a San Xoán do Alto (Vilaesteve) para visitar a Fundación San Calixto. Trátase do centro en Lugo da Fundación Laboral da Construción. O noso obxectivo coa visita era obter información útil para avanzar nun dos nosos proxectos: deseñar e fabricar un revestimento mixto, que combine cerámica e madeira e incorpore tecnoloxías de control numérico. Nesta proposta están participando alumnos e alumnas das tres titulacións mencionadas.

Con José Castor Corral puidemos coñecer a tecnoloxía coa que conta a Fundación, así como os proxectos que se están a desenvolver alí. Ademais, visitamos o obradoiro de carpintería para aprender sobre diversos temas, relacionados coa identificación de madeiras e as unións tradicionais en carpintería e moble. Observando de cerca as máquinas do obradoiro afondamos no seu funcionamento e posibilidades.

Aquí podedes ver algunhas imaxes da visita:

Visita á Fundación San Calixto

Picture 1 of 8