Internet converteuse nun recurso fundamental non só para a sociedade en xeral, senón que os ámbitos especializados están a vivir unha época dourada en canto a acceso a información se refire.

A Cerámica Artística non podería ser menos. Por algo é unha das disciplinas con maior difusión e máis valoradas socialmente (quen non ten algo de cerámica na casa?) e iso móstrase na rede, onde poderás navegar a través de moitas páxinas para te informares sobre as últimas tendencias de deseño, coñeceres novos autores ou enchouparte con toda a tradición ceramista que hai por estes lares, que é moita e moi boa.

Deixámoste cunha pequena selección de 8 páxinas web que che poderán ser de grande utilidade no teu Ciclo formativo de Grao Superior en Artes Plásticas e Deseño en Cerámica Artística e se tes algunha máis que nos presentar, non dubides en deixala nos comentarios!

Artesaniadegalicia.org

A web de referencia para os e as artesás de Galicia, onde podes atopar novas relacionadas de moitos ámbitos e eventos sectoriais, ofrece tamén un amplo catálogo de artesáns rexistrados para atopar os ceramistas de Galicia. O web perfecto para estares informado sobre todo o que acontece coa nosa artesanía.

Revistaceramica.com

Se hai unha revista especializada en Internet sobre cerámica esa é Revistaceramica.com, pero é moito máis: ofréceche un amplo directorio con todos os recursos que debes coñecer (asociación, escolas, galerías, materíais, esmaltes, obradoiros…)
novidades editoriais sobre o sector e mesmo unha libraría on line.

Infoceramica.com

Infocerámica naceu en 2011 como un blog de comunicación pero acabou por se converter en toda unha revista dixital especializada na cerámica que recentemente ofrece a posibilidade de subscrición e manterse grazas a socios. A estes ofrécelles múltiplos servizos, como a mostra das súas obras, taboleiro de anuncios, tenda on line…

Galegadeartesans.org

Se buscas información sobre artesanía e cerámica galega, deseñadores, artesáns… seguramente estará en Galegadeartesans.org, a web da Asociación Galega de Artesáns onde, para alén de directorio, unha abondosa sección de documentos poderás acceder á súa revista Artesán.

Fundesarte.org

Pola súa banda, a nivel español a páxina de referencia para os artesáns é Fundesarte.org, a principal organización para a promoción e desenvolvemento de empresas artesás e cuxa principal actividade é a convocatoria dos Premios Nacionais de Artesanía. Conta, ademais, cunha interesantísima sección de Recursos para o artesán que debes ter marcado entre os favoritos do teu navegador.

Oficioyarte.org

Oficio y arte preséntase como o punto de encontro de todas as persoas interesadas na artesanía e na cultura dos oficios e nela poderás atopar moitísima información sobre diversas disciplinas artísticas e, como non, a cerámica. Ademais a través desta páxina poderás acceder á súa revista online.

Museulalcora.es

Con 800 m2 de de exposición totalmente accesible, o Museo de Cerámica de l’Alcora é toda unha referencia para descubrir a cerámica a través das súas coleccións e actividades participativas. O seu espazo web non podería ser menos: no seu destacable espazo «Colecciones» poderás comprobar as xoias cerámicas que garda este museo sen saíres da túa casa.

Barbotina.blogspot.com.es

Nesta pequena compilación non podería faltar o espazo reservado para os blogs e a colaboración. Barbotina.blogspot.com.esBarbotina é unha bitácora creada polas Escolas de Cerámica de Nigrán e de Vigo que comparten novas sobre a especialidade, mais tamén deixan un espazo para as colaboracións externas e enviares as túas novidades.